Xoán Zonaras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Sobre a vida de Xoán Zonaras, só se sabe o que contan as súas propias obras. Debido a que menciona a segunda voda do emperador [[Manuel I Comneno]], que tivo lugar o [[25 de decembro]] de [[1161]], só puido ser xefe da chancelería imperial baixo os emperadores [[Xoán II Comneno]] (1118–1143) ou Manuel I (1143–1180). Zonaras foi [[drungario da garda]],<ref>Guilland (1967), pp. 576-577</ref> un dos xuíces máis importantes do imperio, no século XII.
 
== Obra ==
A obra principal de Zonaras é o ''Epitomé historion'' (Ἐπιτομὴ ἱστοριῶν), na que conta a historia do mundo desde a súa creación ata 1118.<ref>[http://www.hs-augsburg.de/~harsch/graeca/Chronologia/S_post12/Zonaras/zon_kass.html ''Epitomé historion'' (''Ἐπιτομὴ ἱστοριῶν'').] Texto [[Lingua grega|grego]] no sitio da [[Bibliotheca Augustana]] ([[Augsburgo]]).</ref> A obra xurdiu tras un exilio como monxe nun convento na [[illa de Hagia Glykeria]], posiblemente provocado pola entronización de Xoán II Comneno. Na introdución á súa historia do mundo, xustifica que estea a escribir como monxe: por unha banda menciona peticións de amigos e por outra, que o traballo literario distráeo das tentacións terreais. A intención de Zonaras era resumir a historia en forma de manual ([[Epítome]]), concentrándose nos feitos, polo que, ao contrario doutros contemporáneos, procurou non derivar demasiado na [[teoloxía]]. Aínda así, a división da súa obra oriéntase á relixión: a primeira parte é a historia xudía, a segunda a romano-cristiá. A división actual dividida en 18 libros, segue a realizada polo experto en [[Bizancio]], o [[Francia|francés]] [[Charles Du Fresne]], Seigneur Du Cange (1610–1688). Nos libros 1 ao 12 cóntase a historia desde a creación ata a [[tetrarquía]] romana. Os libros 13 ao 18 tratan a historia do [[Imperio Bizantino|Imperio bizantino]] desde [[Constantino I o Grande]] ata a morte de [[Aleixo I Comneno]] en 1118.
 
Ademais, Zonaras realizou un comentario dos canonscánones xurdidos dos [[Sínodo|sínodos]] locais e [[Ecumenismo|ecuménicos]] da [[Igrexa ortodoxa]] e dos canons dos [[Padres da Igrexa|pais da Igrexa]]. Existen outras dúas pequenas obras sobre o [[dereito eclesiástico]]. A miúdo atribúeselle de forma equivocada o ''Zonarae Lexicon'', unha [[enciclopedia]] que foi recompilada por monxes bizantinos durante o [[século XIII]].
 
== Notas ==
Liña 17 ⟶ 18:
 
* {{Cita libro|título=Linguistic and literary studies in the Epitome historion of John Zonaras|apelidos=Grigoriadis|nome=Jordanis|editorial=Kentro Byzantinon Erevnon|ano=1998|lugar=Tesalónica|lingua=en}}
*{{Cita publicación periódica|apelidos=Guilland|nome=Rodolphe|data=1967|título=Recherches sur les Institutions Byzantines. Vol. I e II|revista=Berliner byzantinistische Arbeiten|ISSN=0067-6055|editorial=Akademie-Verlag|lugar=Berlín}}
* {{Cita libro|título=Lexikon des Mittelalters|apelidos=Maltese|nome=E.V.|editorial=Lexma Verlag|ano=1998|ISBN=|volume=IX|lugar=Múnic|páxina=673-674|lingua=de|capítulo=Zonaras, Johannes|url=https://archive.org/details/lexikondesmittel0009unse/page/n360/mode/1up}}
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.hs-augsburg.de/~harsch/graeca/Chronologia/S_post12/Zonaras/zon_intr.html Zonaras] no [http://www.hs-augsburg.de/~harsch/augustana.html sitio] da Bibliotheca Augustana ([[Augsburgo]]).
*[https://www.documentacatholicaomnia.eu/30_20_1050-1150-_Ioannes_Zonaras.html ''Annales'' de Zonaras] en Documenta Catholica Omnia (en ''[[Lingua latina|latín]]'' e ''[[Lingua grega|grego]]'').
 
{{Historiadores bizantinos}}