Ana Comnena: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 1:
{{biografía}}
'''Ana Comnena''' ([[Lingua grega|grego]]: ''Άννα Κομνηνή'', [[Lingua latina|latín]]: ''Anna Komnēnē), nada o'' [[3 de decembro]] de [[1083]] e finada en [[1153]], foi unha princesa bizantina de gran cultura, filla do emperador bizantino [[Aleixo I Comneno]] e de Irene Ducas. Autora da Alexiada, a historia do reinado do seu pai, converténdose así nunha das primeiras mulleres [[Historiografía|historiadoras]] occidentais.
 
Filla primoxénita do emperador [[Aleixo I Comneno]], recibiu unha esmerada educación que a converteu en erudita en literatura bizantina, [[historia]], [[xeografía]], [[mitoloxía]], e mesmo [[filosofía]]. Casou en 1097 con [[Nicéforo Brienio, o Mozo|Nicéforo Brienio]], fillo dun antigo pretendente ao trono imperial. Intrigou xunto coa súa nai, Irene Ducas, para conseguir que o emperador Aleixo I, nomease sucesor ao seu marido en lugar do seu irmán [[Xoán II Comneno|Xoán]]. Ao acceder ao trono o seu irmán Xoán II Comneno, Ana e a súa nai retiráronse a un mosteiro. Alí, Ana escribiu ''A Alexiada'', historia en [[Lingua grega|grego]] do reinado do seu pai, Aleixo I, en quince libros. A obra, que foi terminada en 1148, relata a carreira política do seu pai desde 1069 até a súa morte en 1118. É a continuación da historia que o seu marido, Nicéforo Brienio, comezara a escribir, e que se viu interrompida á súa morte, en 1137.