Xoán Primicerius: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 1:
{{Biografía}}
'''Xoán''' ou '''Ioannes Primicerius''', finado en [[Aquileia]] no [[425]], foi un [[Lista de emperadores romanos|emperador romano]] usurpador. Ocupou o trono do [[Imperio Romano de Occidente]] entre o [[423]] e o 425, recoñecido polo [[senado]] de Roma, pero non polo [[Imperio Bizantino|Imperio Romano de Oriente]].
 
== Traxectoria ==
Liña 6:
Cando [[Flavio Honorio|Honorio]] morre en [[Rávena]] de [[hidropisía]] o [[15 de agosto]] de [[423]] as relacións entre as dúas partes do imperio atópanse nun momento delicado. Tan pronto como a corte oriental se decata da morte de Honorio, forzas orientais ocupan Salona, na Dalmatia, prefectura de Italia. Este feito, unido á anterior negativa oriental a recoñer ao falecido [[Constancio III]] oficialmente coma ''augustus'', reforzaría as sospeitas occidentais de que a corte oriental pretendía dende tempo atrás que [[Teodosio II]] sexa o único soberano para todo o orbe romano.
 
Unha sucesión continuadora dentro da Casa de Teodosio tería sido o fillo de Constancio e [[Gala Placidia]], irmá de Honorio, Flavio Plácido Valentiniano ([[Valentiniano III]]), que só tiña seis anos de idade. Non obstante, as relacións entre os irmáns non foran doadas logo da morte de Constancio e chegaran a un punto en que tiveran que fuxir en 422 e refuxiarse en [[Constantinopla]], sendo desterrados.
 
Polo tanto, os oficiais occidentais, co ''[[magister militum]]'' [[Castino]] á cabeza e a figura de [[Aecio]], que comezaba a despuntar, propoñen ao ''primicerius notariorum'' (o funcionario civil de máis alto rango) Xoán para ostentar a púrpura, pretendendo adiantarse ás intencións orientais.
 
De Xoán existen poucos datos previos, salvo catro moi importantes: era [[Paganismo|pagán]], quizais fora a mesma persoa que en 408 recibira o encargo de negociar con [[Alarico I|Alarico]] para tentar evitar o saqueo de Roma, foi ''magister officiorum'' baixo o usurpador [[Prisco Atalo]] en 409; en 412-413 foi [[prefecto do pretorio]] de [[Italia (provincia romana)|Italia]].
 
Nesta elección seguramente tería gran influencia o coñecemento persoal que por razón do seu cargo Xoán debía ter do aparato administrativo estatal; seguramente tiña participado activamente na última revisión da ''Notitia Dignitatum'' para a ''pars occidentis'' que se sitúa en torno a esta data.
Liña 16:
A burocracia civil, aínda que é dubidoso que contara con influencia abondo para impor un candidato propio, ve recoñecida a súa importancia e intereses, máis inda tendo en conta que deixar baleiro o trono occidental deixaría sen sentido a súa existencia coma ente autónomo xa que as decisións e burocracia correrían a cargo unicamente das autoridades civís e militares de oriente.
 
A ''Chronica'' de [[Próspero de Tiro]] explica así a situación: ''“Honorius moritur et imperium eius Iohannes occupat conivente, ut putabatur, Castino, qui exercitui magister militum praeerat.”'' É dicir, [[Castino]] non aparece como a forza decisoria, senón que simplemente deixaría facer e aceptaría feitos consumados.
 
O [[23 de novembro]] de [[423]] o [[Senado romano|senado de Roma]] declara a Xoán oficialmente ''augustus'' da ''pars occidentis'' tomando coma escusa a necesidade de que un novo emperador determinase medidas efectivas contra o bloqueo ao abastecemento de trigo africano e outros bens necesarios para a cidade e Italia por parte de [[Bonifacio I, papa|Bonifacio]], que así pretendía debilitar a influencia de Castino, sucesor de Constancio ao fronte dos exércitos occidentais. En decembro, Xoán asume a púrpura e trasládase a [[Rávena]].
 
=== As dificultades de goberno ===
[[Procopio de Cesarea|Procopio]] <ref>''Bellum Vandalicum'', I 3, 6–7</ref> loa a súa humildade, intelixencia e capacidades persoais. Ao contrario dos membros da Casa de Teodosio pretendía promover unha política de tolerancia relixiosa. Pero a situación que herdaba era moi conflitiva e, malia contar co apoio de Castino, nomeado [[Cónsul romano|cónsul]] para ese ano, outras zonas en occidente rexeitan a súa autoridade, nun proceso de secesión e disgregación que xa tivera momento álxidos durante o goberno de Honorio. En Arelate ([[Arles|Arlés]]) [[Exuperantius]], o prefecto do pretorio da Gallia, resulta linchado polas súas tropas, en desacordo coas lealdades do seu comandante. En [[Cartago]], Bonifacio mantén a súa rebeldía ante as decisións de Rávena, feito que obriga a enviar tropas contra el.
 
En 424 Xoán envía embaixadores a Constantinopla para oficializar a posición occidental pero son mal recibidos, sendo encarcerados algúns e outros desterrados a diversas zonas da Propontis.
Liña 30:
Mentres tanto, Teodosio II, e [[Pulcheria]], semellan abandonar o seus presumibles desexos de ser o único augustus e é agora cando recoñece tal título postumamente a Constancio III e tamén a Galla Placidia; concede o título de caesar ao fillo de ambos, Valentiniano III, inda un neno e envíaos de Tesalónica cara Salona cun forte continxente militar ao mando de [[Ardabur|Ardaburio]] e o seu fillo [[Flavio Ardabur Aspar]]. Na comitiva tamén estaba [[Candidiano]], que presumiblemente acompañara a Galla Placidia e Valentiniano no súa fuxida previa cara Constantinopla.
 
Dende [[Salona]] as forzas imperiais divídense: un continxente embarca a infantería nunha frota con ArdaburArdaburio á cabeza e Aspar manda a cabalería por terra percorrendo a ruta de [[Sirmium]] e atravesando os [[Alpes Xulianos]] chegan ao [[Mar Adriático|Adriático]], onde se fan coa importante cidade de Aquileia, ondee esperan acontecementos.
 
Mentres tanto, a frota de Ardabur é presa das tormentas e desmembrada. Este, contando con só dúas [[Trirreme|trirremes]], é capturado e conducido a Rávena. Con isto a posición de Xoán, indaaínda sen ter chegado os reforzos [[hunos]], parece en vías de consolidarse, pero non se decide a asestar o golpe definitivo ás forzas orientais en Aquileia e decide esperar a chegada de Aecio. Mentres tanto, Ardabur consegue dende a prisión adhesións dalgúns elementos militares occidentais, que xunto coa presión combinada dende o exterior de Aspar, conseguen derrotar a Xoán e capturar Rávena.
 
Ao parecer un pastor orientara a Aspar a través do labirinto de [[Marisma|marismas]] que protexía Rávena. Algúns parece que interpretaron que o pastor era realmente un [[Anxo (cristianismo)|anxo]] enviado por [[Deus]].
 
Xoán, derrotado, é conducido a Aquileia, onde no verán de 425 (xuño ou xullo) Galla[[Gala Placidia]] ordena a súa execución, chea de simbolismos. Ao parecer foi conducido ao [[hipódromo]] da cidade, repleto de xente, logo de amputarlle a man dereita, e a cabalo dun [[burro]], con vestimentas femininas, foi exposto aos insultos e aldraxes da multitude para ser finalmente decapitado.
 
Tres días máis tarde chegaría ás inmediacións de Aquileia, Aecio ao fronte do continxente huno de 6.000 (ou 60.000 segundo outros) que debía reforzar a situación de Xoán. Probablemente se produciron choques entre os dous continxentes que non inclinaron a balanza cara ningunha das dúas partes, co cal Galla Placidia optou por pactar a reconciliación con Aecio e pagou para que o continxente huno se retirara aos seus asentamentos sen producir máis derramamento de sangue e mingua nas forzas militares oficiais. Castino, debido ao seu apoio a Xoán, foi defenestrado e exiliado, pero curiosamente non foi axustizado, síntoma da fortaleza dos seus apoios e do precario xogo de equilibrios políticos.
 
Castino, debido ao seu apoio a Xoán, foi defenestrado e exiliado, pero curiosamente non foi axustizado, síntoma da fortaleza dos seus apoios e do precario xogo de equilibrios políticos.
 
== Valoración histórica e consecuencias do período ==
As fontes clásicas que sobreviven sobre o período, maioritariamente oficialistas, e por tanto partidarias da Casa de Teodosio, verten sobre Xoán todo tipo de xuízos negativos, pero seguramente foi un intento máis de deter e reverter a dinámica negativa na que se atopaba a ''pars occidentis'', e que desembocaría na súa disolución a finais do século V e principios do VI.
 
O reinado de Xoán, coma antes os de [[Euxenio]] e [[Prisco Atalo]] representarían os primeiros casos dunha longa nómina de emperadores marionetas que caracterizaron o final do [[Imperio Romano de Occidente|Imperio de Occidente]].
 
Este período tamén anticipa a loita polo poder que sosterán durante longo tempo [[Aecio]] e Bonifacio, e que implicará a todas as dioceses da ''pars occidentis'', debilitando os seus recursos inda máis.
 
Dificulta bastante o coñecemento máis detallado deste período que tanto o reinado, ou usurpación, segundo cal sexa a fonte, coma os seus protagonistas principais, Castino e Xoán, teñen pouco reflexo nas fontes escritas.