Diferenzas entre revisións de «Henrique I de Castela»

sen resumo de edición
 
 
== Traxectoria ==
Fillo mais novo de [[Afonso VIII de Castela|Afonso VIII]] e de [[Leonor de Plantagenet]], accedeu ó trono con dez anos ó morrer os seus seis irmáns homes. A súa minorídademinoridade supuxo a apertura dun período de rexencia de 24 días por parte da súa nai. Trala súa morte asumiu a rexencia a súa irmá mais vella, [[Berenguela de León e Castela|Berenguela]], que residía na corte castelá trala anulación do seu matrimonio con [[Afonso IX de León]] polo papa [[Inocencio III, papa|Inocencio III]] en 1204.
 
A rexencia de Berenguela foi contestada pola [[familia Lara]], nobres casteláns que xa se destacaran polas súas intrigas durante a minoría de idade de Afonso VIII. Encabezados polo conde [[Álvaro Núñez de Lara]], negaban a oportunidade de que unha muller se fixese cargo da rexencia do reino, empuxando a Berenguela a renunciar á rexencia para evitar os mesmos conflitos que caracterizaron os primeiros anos do reinado do seu pai Afonso VIII.
22.978

edicións