Eduardo III de Bar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxos
Liña 1:
{{biografía}}
'''Eduardo III de Bar''', nado a finais de xuño de [[1377]] e finado o [[25 de outubro]] de [[1415]] en [[Batalla de Agincourt|Agincourt]], foi marqués de [[Pont-à-Mousson]] de [[1399]] a 1415 e [[Ducado de Bar|duque de Bar]] de [[1411]] a 1415.
== Traxectoria ==
Era fillo de [[Roberto I de Bar|Roberto I]], conde e despois duque de Bar, e de María de Francia. Converteuse no herdeiro do [[ducado de Bar]] á morte dos seus irmáns maiores Henrique e Filipe, que morreron na [[batalla de Nicópolis (1396)]]. Seu pai fíxoo marqués de Pont-à-Mousson en [[1399]]. En [[1405]], foi encargado por [[Carlos VI de Francia]] para defender o [[La Gonterie-Boulouneix|bolonés]] ameazado polos ingleses. A finais de [[1406]] participou na campaña da [[Güiena]] baixo [[Luís I de Orleáns]], pero a [[disentería]] decimou ao exército francés. Despois do asasinato de Luís de Orleáns en 1407, achegouse a [[Xoán I de Borgoña|Xoán sen Medo]] e acabou uníndose aos [[Borgoña|borgoñóns]]. Sucedeu ao seu pai o [[12 de abril]] de [[1411]].
 
Morreu na [[batalla de Agincourt]] e sucedeuno seu irmán [[Luís I de Bar|Luís de Bar]], bispo de [[Verdún]], coñecido como Luís I ou Luís (dependendo de se Luís de Montbéliard se considera que foi conde ''uxori'' e non ''suo iure'' ). Non casou e deixou só fillos bastardos.
 
== Véxase tamén ==