Cunegunda de Luxemburgo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 2:
 
== Traxectoria ==
Os seus pais foron Siegfried I, primeiro [[conde de Luxemburgo]] (922-998) e Eduvixis de Nordgau (ca. 935-992). En 998 casou con [[Henrique II do Sacro Imperio Romano Xermánico|Henrique IV]], duque de Baviera, que se converteu en emperador como [[Henrique II do Sacro Imperio Romano Xermánico|Henrique II do Sacro Imperio Xermánico]]. Á morte de Otón III sen herdeiros, Henrique foi coroado rei de Alemaña en 1002 e dous meses despois Cunegunda foi coroada raíña en Paderborn. Segundo unha tradición non confirmada, de acordo co seu marido, fixeron votos de virxindade, polo que non tiveron descendencia. Probabelmente Henrique, ao notar a esterilidade de Cunegunda, non quixo repudiala<ref>ElO dretdereito familiar germànicxermánico lipermitíalle permetia fer-hofacelo.</ref> polo amor que lle tiña e renunciou a ter fillos para vivir con ela. De aí naceu a crenza de que a falta de descendencia fora voluntaria, facendo unha especie de "matrimonio espiritual".
 
Foi moi activa en política, asesorando ao seu marido e participando nos consellos do Imperio. En 1014, foi con Henrique II a Roma, onde foron coroados emperadores polo papa [[Bieito VIII, papa|Bieito VIII]]. Cando Henrique morreu en 1024, Cunegunda foi rexente, xunto ao seu irmán, ata que Conrado II foi elixido sucesor.