Diferenzas entre revisións de «Malmö»

m
 
 
=== Idade Moderna ===
Durante todo o [[século XVII]], a rexión histórica de [[Skåneland]] no sur da [[Península Escandinava|península escandinava]] foi obxecto de disputa entre Dinamarca e Suecia. Logo da [[guerra sueco-danesa (1657-1658)|segunda guerra sueco-danesa]], o monarca [[Carlos X Gustavo de Suecia]] logrou a anexión de [[Escania]] mediante o [[Tratado de Roskilde]].<ref name=":4">{{Cita web|url=http://www.sydsverige.dk/?pageID=321|título=Freden i Roskilde - Roskildefreden (1658)|dataacceso=3 de xuño de 2016|lingua=danés|páxinaweb=www.sydsverige.dk}}</ref> A partir do [[28 de febreiro]] de [[1658]], Malmö quedaría baixo control do reino de Suecia e iniciouse a [[Aculturación|asimilación cultural]] de toda a poboación.<ref name=":4" /> Tres meses máis tarde estalaría [[Guerra sueco-danesa (1658-1660)|outra guerra entre ambos reinos]] que concluíu en [[1660]] coa firma do [[Tratado de Copenhaguen]], certificando a soberanía sueca. En [[1677]], en plena [[Guerra Escanesa]], máis de 14.000 soldados daneses asediaron o pobo fortificado durante case un mes, pero foron derrotados polos 2000 militares suecos que a defendían.
 
Os conflitos continuaron a comezos do [[século XVIII]], cando as tropas danesas entraron en Malmö durante a [[Gran Guerra do Norte]] (1709). Un ano despois, o batallón sueco a cargo do xeneral [[Magnus Stenbock]] logrou expulsar aos daneses e retomar o control. Todos estes episodios, sumados á chegada da [[Peste negra|peste bubónica]], rebaixaron a poboación local a pouco máis de 300 habitantes na [[Anos 1720|década de 1720]].
Porén, na [[Anos 1970|década de 1970]] produciuse unha grave crise económica que afectou aos estaleiros suecos. ''Kockums'' tivo que ser rescatada polo estado, e en [[1986]] cesou toda a produción de barcos civís para especializarse en buques militares, coa consiguiente destrución de empregos. Ademais, moitas familias de clase media mudáronse a [[Cidade dormitorio|cidades dormitorio]] como Vellinge, Lomma e Staffanstorp.
 
Ante esa situación, o municipio apostou pola [[reconversión industrial]] a través de dotacións culturais, da remodelación do barrio portuario (Västra Hamnen) e de importantes obras arquitectónicas para reducir o desemprego.<ref>{{Cita web|url=http://esctoday.com/63442/eurovision-2013-discover-the-transformation-of-malmo/|título=Eurovision 2013: Discover the transformation of Malmö|dataacceso=3 de xuño de 2016|data=8 de maio de 2013|lingua=inglés|páxinaweb=ESCToday}}</ref> Parte dos edificios do antigo estaleiro foron rehabilitados para albergar outras instalacións, tales como o campus da [[Escola Superior de Malmö]] ([[1998]]).<ref>{{Cita web|url=https://studyinsweden.se/university/malmo-university/|título=Malmö University|dataacceso=3 de xuño de 2016|idioma=inglés|páxinaweb=Study in Sweden}}</ref> No [[2000]] inaugurouse o [[ponte de Øresund]] que conecta a Malmö con [[Dinamarca]] a través do [[mar Báltico]],<ref>{{Cita web|url=http://economia.elpais.com/economia/2016/02/10/actualidad/1455099888_010337.html|título=Así es el puente escandinavo que asombra en las redes|dataacceso=3 de xuño de 2016|data=10 de febreiro de 2016|páxinaweb=El País}}</ref> e en [[2005]] completáronse as obras do ''[[Turning Torso]]'', un rañaceos residencial de 190 metros deseñado por [[Santiago Calatrava]].<ref>{{Cita web|url=http://www.elmundo.es/cultura/2015/08/07/55c4c3b846163fc85b8b4583.html|título=Calatrava, premio '10 year Award' por su edificio Turning Torso|dataacceso=3 de xuño de 2016|data=7 de agosto de 2015|páxinaweb=El Mundo}}</ref> O xesto que confirmou a transformación de Malmö foi o desmantelamento da [[guindastre Kockums]] en [[2002]]. Por outra banda, o centro urbano viviu un [[GentrificaciónXentrificación|proceso de gentrificaciónxentrificación]].<ref name=":1" />
 
Malmö foi sede do [[Festival de Eurovisión]] en dúas ocasións: [[Festival de Eurovisión 1992|1992]] (no [[Malmömässan|Malmö isstadion]]) e [[Festival de Eurovisión 2013|2013]] (no [[Malmö Arena]]).<ref>{{Cita web|url=http://cultura.elpais.com/cultura/2012/07/09/television/1341830699_308285.html|título=La ciudad sueca de Malmö acogerá Eurovisión 2013|dataacceso=10 de xuño de 2016|apelido=|nome=|data=9 de xuño de 2012|idioma=|páxinaweb=El País}}</ref>
1.930

edicións