Malmö: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Woden (conversa | contribucións)
Woden (conversa | contribucións)
Liña 53:
A cidade viviu unha época de esplendor grazas ao novo porto e ao comezo da [[Revolución Industrial]]. Houbo dous feitos que contribuíron a iso. Por unha banda, o empresario [[Frans Suell]] dedicouse a importar tabaco de [[América do Norte]] ao resto de Europa durante a [[Revolución das Trece Colonias]], e máis tarde o porto explotaríase como ruta de contrabando durante as [[Guerras Napoleónicas]].<ref>{{Cita web|url=http://malmo.se/Kultur--fritid/Kultur--noje/Arkiv--historia/Kulturarv-Malmo/T-X/Tobaksindustri.html|título=Tobaksindustri|dataacceso=3 de xuño de 2016|apelido=Bylund|nome=Jesper|lingua=sueco|páxinaweb=Malmö Stad|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160806163754/http://malmo.se/Kultur--fritid/Kultur--noje/Arkiv--historia/Kulturarv-Malmo/T-X/Tobaksindustri.html|dataarquivo=06 de agosto de 2016|urlmorta=yes}}</ref> E doutra banda, o navieiro [[Frans Henrik Kockum]] fundou o [[estaleiro]] [[Kockums Naval Solutions|''Kockums Naval'']] en [[1840]], o que levou a especialización de Malmö no sector industrial.<ref>{{Cita web|url=http://saab.com/naval/submarines-and-warships/technologies/the-stirling-engine/|título=The Stirling Engine: an engine for the future|dataacceso=3 de xuño de 2016|lingua=inglés|páxinaweb=Saab Solutions|data-arquivo=09 de xuño de 2016|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20160609153106/http://saab.com/naval/Submarines-and-Warships/technologies/The-Stirling-Engine|url-morta=yes}}</ref><ref name=":0">{{Cita web|url=http://malmo.se/Kultur--fritid/Kultur--noje/Arkiv--historia/Kulturarv-Malmo/H-K/Kockums.html|título=Kockums|dataacceso=3 de xuño de 2016|apelido=Bylund|nome=Jesper|lingua=sueco|páxinaweb=Malmö Stad|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160806164119/http://malmo.se/Kultur--fritid/Kultur--noje/Arkiv--historia/Kulturarv-Malmo/H-K/Kockums.html|dataarquivo=06 de agosto de 2016|urlmorta=yes}}</ref> Finalmente, o negocio local viuse impulsado en [[1856]] coa inauguración do ferrocarril entre Malmö e Lund, ampliado en [[1874]] ata [[Katrineholm]].
 
En [[1870]], Malmö superara a [[Norrköping]] como a terceira cidade sueca máis habitada, e en [[1900]] a súa poboación pasaría os 60.000 habitantes. Ao longo do [[século XX]], a chegada de inmigrantes (suecos e estranxeiros) motivou a construción de novas zonas residenciais e [[Vivenda de protección oficial|vivendas de protección oficial]] repartidas polo [[municipio de Malmö]]. Todas esas casas construíronse baixo o [[proxecto sueco polo millón de vivendas|proxecto polo millón de vivendas]].<ref name=":1">{{Cita web|url=http://geoface.es/malmo-una-pequena-gran-ciudad/|título=Malmö: una pequeña gran ciudad|dataacceso=3 de xuño de 2016|páxinaweb=geoface.es}}</ref>
 
Porén, na [[Anos 1970|década de 1970]] produciuse unha grave crise económica que afectou aos estaleiros suecos. ''Kockums'' tivo que ser rescatada polo estado, e en [[1986]] cesou toda a produción de barcos civís para especializarse en buques militares, coa consiguiente destrución de empregos. Ademais, moitas familias de clase media mudáronse a [[Cidade dormitorio|cidades dormitorio]] como Vellinge, Lomma e Staffanstorp.