Malmö: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Woden (conversa | contribucións)
Woden (conversa | contribucións)
Liña 37:
Considérase que Malmö foi fundada entre os séculos [[Século XII|XII]] e [[Século XIII|XIII]], cando a rexión de [[Escania]] pertencía ao [[reino de Dinamarca]]. Nos [[anos 1200]] erixiuse unha pedanía costeira entre a igrexa de [[Copenhaguen]] e o arcebispado de [[Lund]]. Máis tarde ordenouse construír unha [[Fortaleza (arquitectura)|fortaleza]] no mesmo punto. A partir de [[1275]] podíase cruzar o [[Öresund|estreito de Øresund]] por barco, o cal impulsou o desenvolvemento comercial de Malmö ao estar dentro da ruta da [[Liga Hanseática]].<ref name=":3">{{Cita web|url=http://malmo.com/malmoinfo/history|título=Malmö history|dataacceso=3 de xuño de 2016|idioma=inglés|páxinaweb=malmo.com|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160628083702/http://malmo.com/malmoinfo/history|dataarquivo=28 de xuño de 2016|urlmorta=yes}}</ref>
 
En 1319 comezaron as obras da [[Igrexa de San Pedro (Malmö)|Igrexa de San Pedro]], a primeira igrexa [[Arquitectura gótica#Gótico báltico|gótica de ladrillos]] dentro das fronteiras actuais de Suecia.
 
Xa no [[século XV]], Malmö superara en importancia a [[Lund]] e era unha das cidades máis poboadas de Dinamarca con aproximadamente 5000 habitantes, un importante mercado e unha puxante industria pesqueira de [[Clupea|arenques]].<ref name=":3" /> Durante o reinado de [[Erico de Pomerania]] produciuse a creación da aduana de Øresund ([[1429]]), a construción do primeiro [[castelo de Malmö]] ([[1434]]) e a entrega en [[1437]] do [[escudo de armas]] local: unha cabeza de [[grifón]], máis tarde convertida en símbolo representativo de Escania. Malmö foi tamén un dos primeiros lugares escandinavos que adoptou o [[luteranismo]] durante a [[reforma protestante]].
 
A estrutura orixinal do [[castelo de Malmö]] foi derruída a comezos do [[século XVI]], e o rei [[Cristián III de Dinamarca]] ordenou a súa reconstrución na [[Anos 1530|década de 1530]]. Entre 1568 e 1573, a fortaleza foi tamén a prisión de [[James Hepburn, IV conde de Bothwell]], terceiro marido da raíña [[María I de Escocia]].<ref>{{Cita web|url=http://www.marie-stuart.co.uk/BothwellTestament.htm|título=Les Affaires du Conte de Boduel - A translation of Bothwell's Memoirs|dataacceso=3 de xuño de 2016|idioma=inglés|páxinaweb=www.marie-stuart.co.uk}}</ref>
 
 
=== Idade Moderna ===
Durante todo o [[século XVII]], a rexión histórica de [[Skåneland]] no sur da [[península escandinava]] foi obxecto de disputa entre Dinamarca e Suecia. Logo da [[guerra sueco-danesa (1657-1658)|segunda guerra sueco-danesa]], o monarca [[Carlos X Gustavo de Suecia]] logrou a anexión de [[Escania]] mediante o [[Tratado de Roskilde]].<ref name=":4">{{Cita web|url=http://www.sydsverige.dk/?pageID=321|título=Freden i Roskilde - Roskildefreden (1658)|dataacceso=3 de xuño de 2016|lingua=danés|páxinaweb=www.sydsverige.dk}}</ref> A partir do [[28 de febreiro]] de [[1658]], Malmö quedaría baixo control do reino de Suecia e iniciouse a [[asimilación cultural]] de toda a poboación.<ref name=":4" /> Tres meses máis tarde estalaría [[Guerra sueco-danesa (1658-1660)|outra guerra entre ambos reinos]] que concluíu en [[1660]] coa firma do [[Tratado de Copenhaguen]], certificando a soberanía sueca. En [[1677]], en plena [[Guerra Escanesa]], máis de 14.000 soldados daneses asediaron o pobo fortificado durante case un mes, pero foron derrotados polos 2000 militares suecos que a defendían.