Diferenzas entre revisións de «Malmö»

m
(Recuperando 6 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8)
=== Idade Media ===
[[Ficheiro:Malmö city 1580.jpg|esquerda|miniatura|Cidade fortificada de Malmö, segundo o ''[[Civitates orbis terrarum]]'' ([[1588]]).]]
Considérase que Malmö foi fundada entre os séculos [[Século XII|XII]] e [[Século XIII|XIII]], cando a rexión de [[Escania]] pertencía ao [[reino de Dinamarca]]. Nos [[anos 1200]] erixiuse unha pedanía costeira entre a igrexa de [[Copenhaguen]] e o arcebispado de [[Lund]]. Máis tarde ordenouse construír unha [[Fortaleza (arquitectura)|fortaleza]] no mesmo punto. A partir de [[1275]] podíase cruzar o [[Öresund|estreito de Øresund]] por barco, o cal impulsou o desenvolvemento comercial de Malmö ao estar dentro da ruta da [[Liga Hanseática]].<ref name=":3">{{Cita web|url=http://malmo.com/malmoinfo/history|título=Malmö history|dataacceso=3 de xuño de 2016|idioma=inglés|páxinaweb=malmo.com|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160628083702/http://malmo.com/malmoinfo/history|dataarquivo=28 de xuño de 2016|urlmorta=yes}}</ref>
 
En 1319 comezaron as obras da [[Igrexa de San Pedro (Malmö)|Igrexa de San Pedro]], a primeira igrexa [[GóticoArquitectura bálticogótica|gótica de ladrillos]] dentro das fronteiras actuais de Suecia.
 
Xa no [[século XV]], Malmö superara en importancia a [[Lund]] e era unha das cidades máis poboadas de Dinamarca con aproximadamente 5000 habitantes, un importante mercado e unha puxante industria pesqueira de [[Clupea|arenques]].<ref name=":3" /> Durante o reinado de [[Erico de Pomerania]] produciuse a creación da aduana de Øresund ([[1429]]), a construción do primeiro [[castelo de Malmö]] ([[1434]]) e a entrega en [[1437]] do [[escudo de armas]] local: unha cabeza de [[grifón]], máis tarde convertida en símbolo representativo de Escania. Malmö foi tamén un dos primeiros lugares escandinavos que adoptou o [[luteranismo]] durante a [[reforma protestante]].
1.930

edicións