Charanga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Cossue (conversa | contribucións)
Cossue (conversa | contribucións)
Liña 2:
Unha '''charanga''', '''murga''' ou '''fanfarra'''<ref>{{Cita web|título=Definición da palabra: fanfarra|url=https://portaldaspalabras.gal/dicionario/procura/fanfarra|páxina-web=Portal das Palabras|data-acceso=2021-03-08|lingua=}}</ref>, é unha agrupación musical formada por instrumentos de [[Instrumento de percusión|percusión]], [[Instrumento de vento-metal|vento-metal]] e [[Instrumento de vento-madeira|vento-madeira]] que adoita realizar actuacións ao aire libre.
== Características ==
As charangas xurdiron en Galiza a comezos do [[século XX]] influenciadas pola aparición das [[Banda de música|bandas de música]]. As bandas substituíron nas preferencias do público á tradicional figura do [[gaiteiro]] acompañado de [[Tambor galego|tambor]], o seu éxito introduciu na [[Música tradicional galega|música popular galega]] novos instrumentos como: o [[bombo]], o [[clarinete]], o [[requinto]] ou o [[saxofón]]. A mestizaxe entre as novas tendencias musicais e as xa presentes orixinou a creación de novedosas agrupacións de músicos. Naceron así, entre outros, o moi popular [[Cuarteto de gaita e clarinete|cuarteto]] de [[Gaita galega|gaita]], clarinete, [[Caixa (instrumento musical)|caixa]] e bombo, e a charanga, onde os gaiteiros tocaban xunto a saxofonistas e clarinetistas.<ref>{{Cita web|título=Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega » As bandas populares|url=http://www.consellodacultura.org/asg/instrumentos/conxuntos-instrumentais/as-bandas-populares/|data-acceso=2021-03-08}}</ref>
 
A composición da charanga varía en función dos [[Músico|músicos.]] Normalmente están constituídas por bombo e caixa como instrumentos de percusión e diferentes instrumentos de vento: saxofón, [[trompeta]], [[trombón]], clarinete, gaita,etc. O número de músicos e menor que nas bandas, o que lles concede unha maior versatilidade e uns requerimentos económicos máis reducidos.<ref>{{Cita web|título=Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega » O gaiteiro|url=http://www.consellodacultura.org/asg/instrumentos/conxuntos-instrumentais/o-gaiteiro/|data-acceso=2021-03-08}}</ref> Por estes motivos as charangas acostuman ser contratadas polas comisións de festas para a animación de todo tipo de [[Serán|seráns]], marchas, festas patronais ou procesións relixiosas<ref>{{Cita libro|título=Fanfarria Taquikardia - Procesión Herexe (A las barricadas / Coche fantástico)|ano=2013|url=https://www.youtube.com/watch?v=Hm8PkBHkUVE|publicación=Youtube}}</ref>.