Eduvixes I de Polonia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Retiro en uso
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Eduvixes pertenceu á [[DinastíaCasa de Anjou|Casa dos Anjou]] de Hungría. Naceu en 1374 no palacio real de [[Budapest|Buda]],{{sfn|Halecki|1991|p=56}} como unha das fillas do poderoso rei [[Luís I de Hungría]] e da súa segunda esposa, [[Isabel de Bosnia]].{{sfn|Wolf|1993|p=xliii}}{{sfn|Engel|2001|p=169}} Ao nacer Eduvixes, Hungría achábase na súa época dourada medieval, onde o monarca gobernaba un imperio composto por case dez estados menores na Europa Central. As minas de ouro e prata húngaras abastecían en gran parte as nacións europeas, e as froitas e as verduras húngaras eran coñecidas nas cortes dos reinos occidentais. Deste xeito, cando morreu o rei [[Casimiro III de Polonia]] en 1370 e o fillo da súa irmá (Luís I de Hungría) herdou o reino, os dous estados, aínda que funcionaban independentemente, estaban gobernados polo mesmo monarca. Isto levou a certos problemas ao comezo, mais considerábase máis tráxico o drama que tiña que resolver Luís I: non contaba con fillos herdeiros varóns, así que fixo que as súas fillas fosen aceptadas pola nobreza como as súas sucesoras trala súa morte mediante o [[Privilexio de Koszyce]] o 17 de setembro de 1374.<ref name="Duczmal305">{{cita libro|last1=Duczmal|first1=Małgorzata|title=Jagiellonowie|date=1996|publisher=Wydawnictwo Literackie|location=Cracovia|isbn=83-08-02577-3|page=305}}</ref>{{sfn|Davies|2005|p=90}}{{sfn|Sedlar|1994|pp=39–40}} Luís I faleceu en 1382, e de inmediato xurdiron conflitos sucesorios, onde as súas fillas foron coroadas como raíñas, mais non exerceron o poder independentemente.
 
Eduvixes fora comprometida en matrimonio co duque [[Guillerme de Austria]], que nesa época era un mozo de catorce anos.{{sfn|Halecki|1991|p=58}} Con todo, a nobreza polaca non desexaba ver un [[Habsburgo]] no trono de Polonia xunto á raíña,{{sfn|Frost|2015|p=17}}{{sfn|Halecki|1991|pp=116–117}} así que conseguiron a anulación do compromiso. Por outra banda, considerando moito máis conveniente, estes arranxaron que a raíña Eduvixes de dez anos de idade fose tomada como esposa polo pagán [[Ladislao II de Polonia|Jagiełło]], duque de [[Lituania]],{{sfn|Halecki|1991|p=118}} quen para casar tivo que se converter ao [[cristianismo]], lográndose finalmente a conversión dos lituanos e a asimilación ao mundo "cristián civilizado" medieval. Automaticamente volveuse o soberano polaco co nome de Ladislao II de Polonia. Ladislao pasou a exercer o goberno, quedando a raíña en segundo plano. Aa pesar diso, foi unha fervente colaboradora do seu esposo.