Eduvixes I de Polonia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Máis de en.wiki
Jglamela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{en uso}}
{{biografía}}
'''Eduvixes I de Anjou-Hungría''' (en {{lang-pl|Jadwiga Andegaweńska}}, en {{lang-hu|Hedvig}}, en {{lang-de|Hedwig}}), nada o [[18 de febreiro]] de [[1374]] e finada en [[Cracovia]] o [[17 de xullo]] de [[1399]], foi a raíña<ref>Eduvixes foi coroada oficialmente como "Rei de Polonia" — ''Hedvig Rex Poloniæ'', non como raiña. A lei polaca non tiña previsto unha raíña reinante, mais tampouco especificaba que o monarca tivese que ser un varón.</ref> de [[Polonia]] (1382-1399) á morte do seu pai o rei [[Luís I de Hungría]], que herdara tamén o trono de Polonia. Aínda que Eduvixes gobernou Polonia e a súa irmá máis vella, [[María I de Hungría|María I]], reinou en [[Hungría]],{{sfn|Halecki|1991|p=75}}{{sfn|Engel|2001|p=195}} ambas acabaron casadas con poderosos nobres que evitaron que reinasen de xeito independente. É venerada pola [[igrexa católica]] como '''Santa Eduvixes a Raíña''', considerada como santa húngara e polaca. É a patroa das raíñas e da Europa Federal.
 
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Matejko_Jadwiga.jpg|esquerda|miniatura|Eduvixes I de Polonia, por [[Jan Matejko]]]]
Eduvixes pertenceu á [[Dinastía de Anjou|Casa dos Anjou]] de Hungría. Naceu en 1374 no palacio real de [[Budapest|Buda]],{{sfn|Halecki|1991|p=56}} como unha das fillas do poderoso rei [[Luís I de Hungría]] e da súa segunda esposa, [[Isabel de Bosnia]].{{sfn|Wolf|1993|p=xliii}}{{sfn|Engel|2001|p=169}} Ao nacer Eduvixes, Hungría achábase na súa época dourada medieval, onde o monarca gobernaba un imperio composto por case dez estados menores na Europa Central. As minas de ouro e prata húngaras abastecían en gran parte as nacións europeas, e as froitas e as verduras húngaras eran coñecidas nas cortes dos reinos occidentais. Deste xeito, cando morreu o rei [[Casimiro III de Polonia]] en 1370 e o fillo da súa irmá (Luís I de Hungría) herdou o reino, os dous estados, aínda que funcionaban independentemente, estaban gobernados polo mesmo monarca. Isto levou a certos problemas ao comezo, mais considerábase máis tráxico o drama que tiña que resolver Luís I: non contaba con fillos herdeiros varóns, así que fixo que as súas fillas fosen aceptadas pola nobreza como as súas sucesoras trala súa morte mediante o [[Privilexio de Koszyce]] o 17 de setembro de 1374.<ref name="Duczmal305">{{cita libro|last1=Duczmal|first1=Małgorzata|title=Jagiellonowie|date=1996|publisher=Wydawnictwo Literackie|location=Cracovia|isbn=83-08-02577-3|page=305}}</ref>{{sfn|Davies|2005|p=90}}{{sfn|Sedlar|1994|pp=39–40}} Luís I faleceu en 1382, e de inmediato xurdiron conflitos sucesorios, onde as súas fillas foron coroadas como raíñas, mais non exerceron o poder independentemente.
 
Eduvixes fora comprometida en matrimonio co duque [[Guillerme de Austria]], que nesa época era un mozo de catorce anos.{{sfn|Halecki|1991|p=58}} Con todo, a nobreza polaca non desexaba ver un [[Habsburgo]] no trono de Polonia xunto á raíña,{{sfn|Frost|2015|p=17}}{{sfn|Halecki|1991|pp=116–117}} así que conseguiron a anulación do compromiso. Por outra banda, considerando moito máis conveniente, estes arranxaron que a raíña Eduvixes de dez anos de idade fose tomada como esposa polo pagán [[Ladislao II de Polonia|Jagiełło]], duque de [[Lituania]],{{sfn|Halecki|1991|p=118}} quen para casar tivo que se converter ao [[cristianismo]], lográndose finalmente a conversión dos lituanos e a asimilación ao mundo "cristián civilizado" medieval. Automaticamente volveuse o soberano polaco co nome de Ladislao II de Polonia. Ladislao pasou a exercer o goberno, quedando a raíña en segundo plano. Aa pesar diso, foi unha fervente colaboradora do seu esposo.
Liña 20 ⟶ 21:
=== Bibliografía ===
* {{cita publicación periódica|last=Brzezińska |first=Anna |title=Jadwiga of Anjou as the Image of a Good Queen in Late Medieval and Early Modern Poland |journal=The Polish Review |volume=XLIV |issue=4 |pages=407–437 |publisher=The Polish Institute of Arts and Sciences of America |year=1999 }}
* {{cita libro|last=Davies |first=Norman |author-link=Norman Davies |year=2005 |title=God's Playground: A History of Poland, Volume I: The Origins to 1795 ''(Revised Edition)'' |publisher=[[Columbia University Press]] |isbn=978-0-231-12817-9 |url-access=registration |url=https://archive.org/details/godsplaygroundhi00norm_0 }}
* {{cite journal |last=Deletant |first=Dennis |title=Moldavia between Hungary and Poland, 1347–1412 |journal=The Slavonic and East European Review |volume=64 |issue=2 |pages=189–211 |year=1986 }}
* {{cita libro|last1=Duczmal|first1=Małgorzata|title=Jagiellonowie|date=1996|publisher=Wydawnictwo Literackie|location=KrakówCracovia|isbn=83-08-02577-3}}
* {{cita libro|last=Engel |first=Pál |year=2001 |title=The Realm of St Stephen: A History of Medieval Hungary, 895–1526 |publisher=I.B. Tauris Publishers |isbn=1-86064-061-3 }}
* {{cita libro|last=Frost |first=Robert I. |year=2015 |title=The Oxford History of Poland-Lithuania, Volume I: The Making of the Polish-Lithuanian Union, 1385–1567 |publisher=Oxford University Press |isbn=978-0-19-820869-3 }}