Combustión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
referencia
info de ca:wiki
Liña 2:
[[Ficheiro:Et_baal.jpg|miniatura|dereita]]
A '''combustión''' (do [[Lingua latina|latín]] ''combustio, -onis''), é unha reacción química na que un elemento [[combustible]] se combina con outro comburente, desprendendo calor outras radiacións visibles ou non<ref>Salvi (1975), p. 4</ref> e producindo un [[óxido]]. Os tipos máis frecuentes de combustibles son os materiais orgánicos que conteñen [[carbono]] e [[hidróxeno]]. O produto desas reaccións pode incluír [[monóxido de carbono]] (CO), [[dióxido de carbono]] (CO<sub>2</sub>), [[auga]] (H<sub>2</sub>O) e [[Cinza|cinzas]]. O proceso de destruír materiais por combustión coñécese como '''[[incineración]]'''.
 
== Tipos de combustión ==
Dependendo de como se produzan as reaccións de combustión, poden ser de diferentes tipos:
 
* '''Combustión completa''': prodúcese cando as substancias combustibles reaccionan ao maior grao de [[Oxidorredución|oxidación]] posible. Neste caso non haberá presenza de substancias combustibles nos produtos de reacción.
* '''Combustión incompleta:''' prodúcese cando non se alcanza o máximo grao de oxidación e existe a presenza de substancias combustibles nos gases de reacción.
* '''Combustión estequiométrica ou teórica:''' é a combustión que ten lugar coa cantidade mínima de aire para que non haxa substancias combustibles nos gases de reacción. Neste tipo de combustión non hai presenza de osíxeno nos fumes, debido a que se utilizou integramente na reacción.
* '''Combustión con exceso de aire:''' é a reacción que se produce cunha cantidade de aire superior ao mínimo requirido. Cando se usa o exceso de aire, a combustión tende a non producir substancias combustibles nos gases de reacción. Neste tipo de combustión é típica a presenza de osíxeno nos gases de combustión. A razón pola que se adoita usar o exceso de aire é reaccionar completamente co combustible dispoñible no proceso.
* '''Combustión con defecto de aire:''' é a reacción que se produce con menos aire que o mínimo requirido. Este tipo de reacción caracterízase pola presenza de substancias combustibles nos gases de reacción.
 
== Produtos da combustión ==
Entre as substancias máis comúns que adoitan aparecer como consecuencia da combustión están:
 
# - [[Dióxido de carbono]] (CO <sub>2</sub> )
# - [[Auga]] (H<sub>2</sub>O como [[vapor de auga]])
# - [[Nitróxeno]] (N<sub>2</sub> )
# - [[Osíxeno]] (O<sub>2</sub> )
# - Monóxido de carbono (CO)
# - [[Hidróxeno]] (H<sub>2</sub> )
# - [[Carbono]] en forma de tisne
# - [[Dióxido de xofre]] (SO<sub>2</sub> )
# - [[Óxido nítrico|Óxidos de nitróxeno]] (NO<sub>x</sub> )
# - Cinzas
# - [[Hidrocarburo|Hidrocarburos]]
# - [[Dioxina|Dioxinas]]
# - [[Hidrocarburos aromáticos policíclicos]] (PAH)
 
== Notas ==