Historia do Deportivo da Coruña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xanetas (conversa | contribucións)
Arranxos
Xanetas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
[[Ficheiro:Festexos da Coruña (1907) A fotografía máis antiga do Deportivo.jpg|miniatura|A fotografía máis antiga do Deportivo, 1907.]]
 
O '''[[Deportivo da Coruña]]''' nacenaceu o [[2 de marzo]] de [[1906]], co nome oficial de "Club Deportivo de la Sala Calvet", un dos ximnasios que existían na cidade na época. Un grupo de deportistas liderado por [[Federico Fernández-Amor Calvet]], decidía crear o club. O seu primeiro presidente foi [[Luís Cornide Quiroga|Luís Cornide]] e a súa primeira formación deportiva, ante o [[Real Club Coruña|Corunna]] o [[8 de decembro]] de [[1906]], foi a integrada por Salvador Fojón, Venancio Deus, Juan Long, Ángel Rodríguez, Manuel Álvarez, Daniel Aler, Paco Martínez, Félix de la Paz, [[Virgilio Rodríguez]], Juan Manuel López e Martínez Urioste. Este partido ía disputarse na praza de touros da cidade pero xogouse no "Corralón da Gaiteira". O envite constaba de dúas partes de 40 minutos, pero foi suspendido a 15 minutos do final por falta de luz, cando gañaba o Deportivo por dous goles a un. Ao día seguinte reanudouse a contenda, sen máis goles para ningún dos dous equipos. O capitán foi Manuel Álvarez e os goleadores Virgilio Rodríguez e o propio capitán. O Deportivo e o Corunna volveron enfrontarse nalgunhas ocasións máis. O [[21 de xullo]] de [[1907]] gañou o equipo da Sala Calvet (2–1), repetindo triunfo catro días despois (5–1). O seguinte choque entre ambos data do [[25 de agosto]] de [[1908]], pero nonon hai constancia do resultado. O [[27 de setembro]] repiten duelo e volve vencer o Deportivo (3–1). En anos posteriores continuaron estas contendas.
 
Xogou o equipo no chamado "Corralón da Gaiteira", até a creación do primitivo [[campo de Riazor]] en [[1909]]. Este novo recinto tiña unha superficie de 18.000 metros cadrados e unha capacidade de 6.000 localidades. O seu impulsor foi Federico Fernández-Amor Calvet. Inaugurouse ante o [[Real Club Fortuna de Vigo|Fortuna de Vigo]] cun equipo formado por Martínez, Long, Ancos, De Llano, Martínez, Rajoy, Rodríguez, Álvarez, Rincón, Paz e Portela. Uns meses antes, o Rei [[Afonso XIII de España|Afonso XIII]], con motivo dunha visita á cidade, aceptara a presidencia de honra do Club, que pasou a denominarse "Real Club Deportivo da Sala Calvet".<ref name="futbolpedia">{{Cita web |url=http://lafutbolteca.com/tag/club-deportivo-sala-calvet/ |título=Historial del Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D. |editorial=lafutbolteca.com |dataacceso=16 de abril de 2016 |lingua=es}}</ref> En [[1912]], o club mudou o seu nome polo de "Real Club Deportivo da Coruña",<ref name="futbolpedia"/> perdendo o cualificativo de "Real" durante a [[Segunda República Española|Segunda República]] (1931–1939), ao igual que o resto de clubs españois que ostentasen tal título.