Diego González Rivas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiños
mSen resumo de edición
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Fillo dunha enfermeira,<ref>{{Cita novas|título=“Parecía ciencia ficción”|url=https://elpais.com/politica/2017/07/20/actualidad/1500571947_060412.html|xornal=El País|data=2017-07-20|data-acceso=2021-04-29|issn=1134-6582|lingua=es|nome=Manuel|apelidos=Jabois}}</ref> licenciouse en [[Medicina]] e Cirurxía na [[Universidade de Santiago de Compostela|Universidade de Santiago]] e formouse en Cirurxía Torácica e Trasplante de Pulmón no [[Hospital Universitario da Coruña]], no que traballa. Tamén é cirurxián no [[Hospital Quirón San Rafael]] (Unidade de Cirurxía Torácica minimamente invasiva) e no centro médico HM Modelo. É ademais o creador e actual director do programa de adestramento videotorascópico no [[Shanghai]] Pulmonary Hospital na [[República Popular da China|China]].
 
Aprendeu a técnica no [[Hospital Cedars Sinai|Cedars Sinai]] dos [[Os Ánxeles|Ánxeles]] co Dr. Rob Mckenna. Despois foi ao centro médico de Duke de [[Carolina do Norte]] para aprender a técnica de dobre porto co Dr. Thomas Damico e finalmente revolucionou a técnica desenvolvendo a cirurxía pulmonar con unha única incisión.