Canon (arte): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8
Liña 7:
Sen desenvolver o concepto en tratados escritos, xa que [[Arte exipcia|os exipcios]] utilizaron na práctica o canon para a representación escultórica da figura humana, pero en lugar de tomar a cabeza como módulo, fixérono co puño, de forma que os corpos tiñan de alto 18 veces o tamaño do [[Articulación radioescafolunar|puño]], distribuído proporcionalmente en distintas partes do corpo (2 para o rostro, 10 desde os ombreiros aos xeonllos e 6 desde estas até os pés). A partir do século VII a. C. o canon de 18 puños é substituído polo de 21, alongando máis as figuras.
 
A plasmación literaria desta idea foi explicitada na [[Grecia clásica]] por [[Policleto]], [[Escultura da Grecia antiga|escultor]] do [[Século -V|século V a.C.]], nun libro técnico titulado ''Canon'', no que era importante o concepto de ''symmetría'' como unhas regras da proporcionalidade que debía ter a figura humana nas obras de arte para conseguir que tivesen [[beleza]]. Aínda que o texto non se conservou, diversas fontes indican que foi exemplificado polo artista nunha escultura ([[Johann Joachim Winckelmann|Winckelmann]] interpretou que esa escultura era o ''[[Doríforo]]'').<ref>Alicia Montemayor García, [http://132.248.144.251/ojs/index.php/theoria/article/view/1075/982 "Aspectos y problemas en la concepción de la symmetría en la Grecia antigua. De Policleto a Eufranor."] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20200325094019/http://132.248.144.251/ojs/index.php/theoria/article/view/1075/982 |date=25 de marzo de 2020 }}, pp.97,105, en ''Theoría. Revista del Colegio de Filosofía'' 35 (2018): 91-108.</ref>
 
Parece evidente a influencia de [[Pitágoras]] en Policleto. Nas súas esculturas, aínda que só chegaron até nós as varias copias romanas, comeza pola primeira falanxe do dedo mainiño e establece como módulo básico a unidade que determina o resto de proporcións. A partir del, multiplica pola raíz cuadrada de 2, para obter a distancia das segundas falanxes e multiplica de novo pola mesma raíz para obter as terceiras falanxes, a palma da man, o brazo etc. até completar a figura coa proporción de 7,5 cabezas.