Davor Dujmović: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xanetas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Xanetas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
 
== Traxectoria ==
Nacida nunha familia pobre de clase traballadora, a carreira de actor de Dujmović comezou por casualidade en 1984 cando un dos axudantes de dirección de [[Emir Kusturica]] lle propuxo aparecer no filme ''Otac na službenom putu''.<ref name=":0">{{Cita web|url=http://davordujmovic.ba/en/biografija/|páxina-web=davordujmovic.ba|título=Biografía de Davor Dujmović|data-acceso=9 de maio de 2021|lingua=en}}</ref>
 
Despois do gran éxito comercial e de crítica da película, Dujmović intentou inscribirse na Academia de Artes Escénicas de [[Saraxevo]] (ASU), dirixida polo decano [[Boro Stjepanović]], pero foi rexeitado. Con todo, conseguiu outros papeis cinematográficos, como no filme de debut na dirección de [[Zlatko Lavanić]], ''Strategija švrake''. Kusturica tamén seguiu traballando con Dujmović, dándolle o papel principal en ''[[Dom za vešanje]]'', o que o lanzou á fama en toda Iugoslavia pola súa interpretación dun mozo xitano chamado Perhan. Tamén comezou a facer teatro, aparecendo en 1989 xunto a Haris Burina, Maja Mijatović e Jelena Čović en ''Mjesečeva predstava'', unha obra montada por [[Mladen Materić]] no Otvorena scena Obala, un teatro fundado por Materić uns anos antes.
Liña 11:
O papel de Perhan converteu a Dujmović nunha estrela e asegurou que lle continuasen chegando papeis cinematográficos. Deste xeito apareceu en ''[[Istočno od istoka]]'', ''[[Adam ledolomak]]'', ''[[Belle epoque - Posljednji valcer u Sarajevu]]'', ''[[Sarajevske priče]]'', ''[[Prokleta je Amerika]]'' e ''[[Aleksa Šantić]]''. Tamén tivo un papel na terceira tempada da comedia de sketchs iugoslava ''[[Top lista nadrealista]]'', que se emitiu a finais de 1991.
 
Simultaneamente, a principios dos anos 90, comezou a consumir drogas e fíxose adicto á [[Heroína (droga)|heroína]].<ref name=":0" /> Durante os primeiros meses da [[guerra de Bosnia]] estivo en Saraxevo, pero máis tarde mudouse a [[Belgrado|Belgrado,]] onde se reencontrou con vellos amigos, e apareceu no aclamado filme de Kusturica, ''[[Podzemlje]]'', así como na serie de televisión ''[[Složna braća]]'' con [[Nele Karajlić]]. Intentou, sen éxito, deixar as drogas varias veces. Ao final da guerra mudouse a [[Banja Luka|Banja Luka,]] onde se reuniu con Andrej J. Gartner, co que creou unha fundación cultural na [[República Srpska]]''.''
 
Davor Dujmović aforcouse o 31 de maio de 1999, despois dunha grave depresión. Os seus últimos días pasounos coa súa moza na cidade eslovena de [[Novo Mesto]].