Día de Castela e León: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiquetas: Revertida edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
m Desfixéronse as edicións de 31.4.242.68 (conversa); cambiado á última versión feita por Maria zaos
Etiqueta: Reversión
 
Liña 4:
 
== Orixes ==
O nacemento de [[Villalar]] como símbolo remóntase tempo atrás. YaXa no [[século XVIII]] [[León del Arroyal]], ilustrado economista e sobranceiro protoliberal, manifestaba que Villalar foi "o último suspiro da liberdade castelá". Os antecedentes das conmemoracións de Villalar habería que situalos en [[1821]], cando o guerrilleiro castelán, [[El Empecinado|Juan Martín Díez "El Empecinado"]], e os seus compañeiros da sociedade "Los Comuneros", organizaron unha expedición a Villalar en busca dos restos de Padilla, Bravo e Maldonado. Estes feitos tiveron o seu punto culminante cun acto de homenaxe aos Comuneros na praza de Villalar o [[23 de abril]] de [[1821]]. Nesta época é cando certos sectores, entre eles os membros das sociedades secretas "Los Comuneros" ou "Los Hijos de Padilla", empezan a empregar en ocasións o discutido pendón morado.
 
Durante o [[Trienio liberal]] (1820-1823) os [[Comuneiros]] pasaron a ser obxecto de admiración polas correntes progresistas do país. Durante a [[Primeira República Española]], a revolución comuneira foi tamén un referente de liberdade para a á federalista do [[Partido Democrático Republicano]], que en [[1869]] proclamou o [[Pacto Federal Castelán]], o primeiro intento dunha organización territorial federalista en [[España]]. Así no último parágrafo do devandito pacto se afirma: "o sangue dos Padilla, Bravo e Maldonados que corre polas vosas veas e a afouteza da que gardan memoria estes pobos das comunidades, garanten o éxito das nosas aspiracións e desexos". Naquela época o propio [[Pi i Maragall]], presidente da República, afirmaba que "Castela foi entre as nacións de España a primeira que perdeu as súas liberdades en Villalar baixo o primeiro rei da Casa de Austria".