Buile Shuibhne: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 6:
 
=== A maldición do santo ===
Conta a lenda que mentres San Rónán Finn marcaba os límites dunha nova igrexa, o son da súa campá alcanzou o ouvido de Suibhne. Este, ao saber que se estaba construíndo unha igrexa nas súas terras, saíu correndo para botar dalíde alí a San Rónán, arrebatoulle o libro dos salmos e tirouno no lago. Entón interrompeuno a chegada dun mensaxeiro de Congal Claen, que pedía axuda na batalla de Mag Rath (preto da Moira actual, ano 637 d.C.).
 
Ao día seguinte, unha lontra devolveu intacto o salterio tras recollelo no lago. O santo pronunciou unha maldición sobre Suibhne, condenándoo a vagar e voar espido polo mundo, e encontrar a morte na punta dunha lanza.
Liña 13:
 
=== Tolemia e vida errante ===
Suibhne deixou atrás o campo de batalla, e chegou a un bosque chamado Ros Bearaigh, en Glenn Earcain, e pousouse nun teixo. Vagou durante sete anos por toda Irlanda, e volveu a Glenn Bolcáin, que era onde estaban a súa casa e fortaleza. Visitou entón á súa muller, Eorann, que estaba a vivir con outro home, un dos aspirantes para substituirsubstituír a Suibhne como rei. Eorann mantiña que prefería a Suibhne, mais el díxolle que quedase co seu novo marido.
 
Entón, volveu ao teixo en Ros Bearaigh, a mesma árbore á que fora cando comezou a tolear, pero cando Eorann veu a enganalo e apresalo, moveuse cara outra árbore. Con todo, descubriuse o seu paradoiro, e un dos seus familiares, Loingsechan, convenceuno de que baixase, inventando que toda a súa familia morrera. Tras isto, Suibhne volveu á súa vida normal e recobrou a cordura, pero mentres estaba a recuperarse, o ruído dunha cazaría volveuno tolo outra vez.
Liña 23:
 
== Estilo literario ==
A poesía na historia de Suibhne é rica e coidada, e a propia historia do rei tolo e exiliado que compón versos mentres viaxa mantívose no maxín dos poetas até o século XX. En cada parada da súa viaxe, Suibhne detense para recitar un poema sobre a súa ubicaciónsituación e o seu sufrimento. As súas descricións do campo e da natureza, xunto coa capacidade de espertar empatía no lector (“pathos”), son centrais no desenvolvemento do texto.
 
[[Seamus Heaney]] publicou unha tradución da obra ao inglés, que titulou ''Sweeney Astray'' (“Suibhne Extraviado”). Outra versión do orixinal, titulada ''The Poems of Sweeny, Peregrine'', foi publicada polo poeta irlandés Trevor Joyce<ref>Trevor Joyce. [https://web.archive.org/web/20080703172624fw_/http://www.soundeye.org/trevorjoyce/sweeny-verse.htm "The Poems of Sweeny, Peregrine"]. Consultada o 7 de maio de 2021.</ref>. [[T. S. Eliot|T.S.Eliot]] converteu a Sweeny na figura central do seu drama en verso ''Sweeney Agonistes'' (“Suibhne Agonista”).
 
== Notas ==
{{listaref}}
<references />
{{control de autoridades}}
 
[[Categoría:Irlanda]]
[[Categoría:Lendas]]