Gelves: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
|||
Liña 77:
== Historia ==
[[Ficheiro:Estación_de_Gelves.jpg|dereita|miniatura|Antiga estación de tranvías de Gelves.]]
Hai constancia de que a zona estivo habitada desde o [[Paleolítico]].<ref name="pueblo">{{Cita libro|apelidos=Javier Carrión, Miguel Gallardo e outros|título=Tesoros de la provincia de Sevilla|capítulo=Salteras|editorial=ABC|páxinas=62-63|cita=D.L. M-34.627-2000}}</ref> Existen diversas teorías sobre a orixe do municipio. Esta zona atopábase no antigo reino de Tartessos. Segundo [[Rodrigo Caro]] o actual Gelves correspóndese coa antiga Vergentum, que foi citada por [[Plinio o Vello|Plinio]]. Esta cita transcribiuse como ''Vergentum, quod Iulii Genius'' e ''Vergentum, quod Iulii Genitor'',
Na época almohade cobrou certa importancia como lugar fortificado. Foi reconquistada en 1247 por Pelayo Pérez Correa, [[Orde de Santiago|mestre da Orde de Santiago]]. No repartimento de [[Afonso X o Sabio|Alfonso X]] de 1253 o rei tomou este lugar como almacén propio. En 1370 foi concedido a Fernán Sánchez Tovar. No reinado dos [[Reis Católicos]] pasou a pertencer á Casa de Guzmán. Posteriormente, pasou á Casa de Tovar. En 1527 o rei [[Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Carlos I]] concedeu a venda deste lugar a Jorge Alberto de Portugal e Melo e á súa esposa Isabel Colón de Toledo (filla de Diego Colón e neta de [[Cristovo Colón]]). En 1529 creouse o condado de Gelves. O fillo de Jorge e Isabel, Álvaro de Portugal, casou con Leonor de Milán. Leonor foi mecenas dunha gran cantidade de artistas e inspiroulle unha gran cantidade de versos ao escritor sevillano Francisco Herrera.<ref name="rodriguezmarin">{{Cita publicación periódica|apelidos=Francisco Rodríguez Marín|título=El «Divino» Herrera y la Condesa de Gelves|url=http://www.cervantesvirtual.com/obra/el-divino-herrera-y-la-condesa-de-gelves-conferencia-leida-en-el-ateneo-de-madrid-el-dia-1o-de-junio-de-1911/|revista=Conferencia leída en el Ateneo de Madrid el día 1.º de junio de 1911}}</ref> O matrimonio vivía na casa de Merlina, ao pé dos outeiros de El Balcón e de El Pintado, que foi descrita en 1565 polo escritor Juan de Mal Lara, amigo do matrimonio, como unha casa pracenteira nun lugar de clima agradable.<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Francisco Javier Escobar Borrego|título=Noticias inéditas sobre Fernando de Herrera y la Academia Sevillana en el Hércules Animoso, de Juan de Mal Lara|url=http://e-spacio.uned.es/fez/eserv/bibliuned:Epos-A36F7568-F6C3-04FE-C390-A012C8249AD7/Documento.pdf|número=16|ano=2000|páxinas=133-156}} {{ISSN|0213-201X}}</ref><ref name="enciclopedia01">{{Cita libro|título=Gran enciclopedia de Andalucía|editorial=Promociones Culturales Andaluzas|ano=1979|páxinas=1681-1682|ISBN=84-85622-00-6}}</ref> En 1537 Carlos I creou o título de duque de Veragua, que pasou aos condes de Gelves. En 1902 o título de conde de Gelves pasou á [[Casa de Alba]].<ref name="pueblo"/> En 1974 a Casa de Alba vendeu as propiedades que tiña no municipio.
|