Evadne (filla de Poseidón): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
comezo, a partir da Bibliografía máis a información da esWiki
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 7 de maio de 2021 ás 21:18

Na mitoloxía grega, Evadne foi unha filla de Poseidón con Pitane (filla do deus-río Eurotas. Pitane estaba casada con Épito, rei de Arcadia.

Pitane abandonou á meniña, que foi atopada e criada por Épito, aínda que outra tradición afirma que o argallou para que fora recollida por el.

Tamén foi poseída por Apolo, con quen tivo un fillo, Iamo e ó que tamén abandonou, aínda que foi coidado por dúas serpes, que o alimentaron con mel. Co tempo, este Iamo sería un afamado adiviño e pai dunha saga de sacerdotes tamén adiviños.