Os sete contra Tebas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo lig. int.
Liña 64:
Polinices, para evitar máis mortes inútiles, retou a Eteocles a un combate a morte, e este aceptou o desafío <ref>Lémbrese que a causa desta guerra non era outra que a disputa polo trono de Tebas entre ámbolos irmáns.</ref>. Logo dun longo combate, os dous resultaron feridos mortalmente. Creonte asumiu o mando do exército e atacou ós arxivos, poñéndoos en fuga. Anfiarao intentou fuxir pero cando estaba a piques de ser alcanzado e morto por [[Periclímeno (fillo de Poseidón)|Periclímeno]], Zeus lanzou un raio que abriu a terra e foi tragado sen deixar rastro ningún <ref>Xunto o carro, os cabalos e o auriga, Batón (ou Élato).</ref>. Zeus levouno e agora segue pronunciando oráculos en [[Oropo]], na [[Ática]].
 
O único supervivente, tal como augurara Anfiarao, foi Adrasto, que fuxiu voando a lombo do seu cabalo alado [[Arión (cabalo)|Arión]]. Posteriormente, Adrasto soubo que Creonte prohibiu que se enterraran os corpos dos inimigos mortos na batalla, e foi onda [[Teseo]] para pedirlle axuda. Teseo foi ata Tebas e tomou a cidade, encarcerando a Creonte, e puido devolver os cadáveres ás súas familias para que lles cumprimentasen os ritos fúnebres axeitados. Levantouse unha gran pira para incinerar os corpos, excepto o de Capaneo porque a tradición esixía que ó ser morto por un raio debía ser enterrado separado dos demais, nunha tumba valada. Entón, [[Evadne (filla de Estrimón)|Evadne]], a muller de Capaneo, botouse sobre a pira común e morreu queimándose viva.
 
Dez anos despois, os fillos destes sete capitáns, coñecidos como os [[Epígonos]], organizaron unha nova expedición contra Tebas para vingar a morte dos pais. Nesta ocasión alcanzaron a vitoria e só morreu [[Exialeo]], fillo de Adrasto, quizais como compensación ó destino por ser este o único que sobrevivíu na primeira campaña.