Abante (fillo de Poseidón): Diferenzas entre revisións

personaxe mitolóxico, fillo de Poseidón
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
comezo, a partir da Bibliografía máis a información da esWiki
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 6 de maio de 2021 ás 22:24

Abante, na mitoloxía grega, foi un fillo de Poseidón coa ninfa Aretusa, filla de Nereo, o Vello do Mar. Outra tradición, propia de Atenas, faino fillo de Calcón [1]

Considérase epónimo dos Abántidas.

Casou con Melanipa [2] e tivo dous fillos, Caneto e Calcodonte (ou Calcodón), quen lle sucedería no trono do reino de Eubea

Calcodonte tivo dous fillos, Calcíope e Elefénor.

Notas

  1. Fillo de Metión e este fillo de Erecteo, un rei mítico de Atenas.
  2. Nin confundir con outras mulleres tamén denominadas así, como a que enxendrou de Poseidón a Beoto e Eolo (a este segundo, Hixino denomínao Helén (Fabulas 157)); ou a irmá da Amazona Hipólita, á que matou Heracles.

Véxase tamén

Bibliografía