Xosé Baldomir: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 27:
=== Director de corais e profesor na Escola de Belas Artes ===
En [[1892]] temos as primeiras referencias ao seu labor como director de conxuntos corais, foi neste ano cando aparece como director á fronte do [[Orfeón Brigantino]], a sección coral do [[Liceo Brigantino]]. Co orfeón participou nos agasallos ao que foi presidente da [[Primeira República Española|Primeira República]] [[Francesc Pi i Margall]] na súa visita á cidade. Tamén tense constancia de que o coro tiña prevista unha actuación en [[Madrid]] e outra na Coruña a beneficio de [[Andrés Gaos Berea|Andrés Gaos]].{{Harvnp|Viso Soto|2018|p=31}}<ref>{{Cita novas |url=https://www.boe.es/datos/imagenes/BOE/1873/163/A00703.tif |título=Presidencia del Poder Ejecutivo de la República |xornal=[[Gaceta de Madrid]] |data=12 de xuño de 1873 |dataacceso=24 de abril de 2020 |lingua=es}}</ref> Existen tamén referencias da prensa entre 1893 e 1899 sobre a súa vinculación ao coro e orquestra das "Hijas de María", unha coral feminina que cantaba acompañada dunha pequena orquestra principalmente na [[Convento de San Domingos da Coruña|igrexa de San Domingos]]. Baldomir realizou diversos arranxos e composicións para esta agrupación como a instrumentación dunha misa de [[Léo Delibes]] ou as súas obras ''Despedida á la Virgen'' ou unha ''Ave María'', que en 2018 aínda non foran localizadas.{{Harvnp|Viso Soto|2018|p=31}}
[[Ficheiro:IES Eusebio da Guarda A Coruña.jpg|miniatura|esquerda|Fachada da [[Escola de Belas Artes da Coruña|Escola Provincial de Belas Artes da Coruña]], actualmente o edificio acolle o [[IES Eusebio da Guarda]].<ref>{{Cita novas |url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2016/06/15/eusebio-da-guarda-cantera-125-anos-historia/0003_201606H15C2992.htm |título=Eusebio da Guarda, una cantera con 125 años de historia |nome=Cláudia |apelidos=Morán |xornal=[[La Voz de Galicia]] |data=16 de maio de 2019 |dataacceso=6 de maio de 2021 |lingua=es}}</ref>]]
Foi precisamente en 1892 cando Baldomir presentouse como aspirante a un posto de profesor na [[Escola de Belas Artes da Coruña|Escola Provincial de Belas Artes da Coruña]].{{refn|group=lower-alpha|Actualmente denominada "Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso" en honor ao pintor malagueño, que iniciou a súa carreira artística na institución herculina.<ref>{{Cita web |url=http://www.eapicasso.com/historia/ |título=Picasso, alumno desta escola |editorial=eapicasso.com |lingua=gl}}</ref>}}{{Harvnp|Viso Soto|2018|p=33-34}} Con todo, non foi ata [[1894]] cando se produciu o seu nomeamento como profesor de «Solfexo aplicado ao conxunto e masas corais». Este traballo non lle proporcionou unha seguridade económica ao compositor e á súa gran familia, xa que nesa época ese tipo de postos estaban caracterizados pola precariedade económica, que foi complementando cos ingresos que percibía por algunhas representacións da súa música e pola venda da súa música. O arquivo da escola, no seu expediente de profesor, contén principalmente reclamacións económicas que realizou Baldomir ao longo dos anos que permaneceu na escola.{{Harvnp|Viso Soto|2018|p=33-34}}