Diferenzas entre revisións de «Castro de Cabras, Lalín»

Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8
m (engadir provincia a ficha (via JWB))
(Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8)
 
== Patrimonio ==
O castro de Castro de Cabras foi estudado por investigadores da cultura castrexa, como [[Fermín Bouza Brey]], [[Florentino López Cuevillas]] ou [[Alfredo García Alén]]. aparece definido por un recinto de forma triangular redondeada con eixo maior de orientación NS que mide 75 m de lonxitude, tomados no seu interior. No seu eixo menor ten uns 55 m de medida máxima. As defensas naturais, moi marcadas especialmente na súa metade norte, compleméntanse cun terraplén de terra que percorre o seu perímetro. Na zona oriental do recinto destaca un gran afloramento rochoso que determina que a superficie da coroa presente unha acusada inclinación cara ao oeste, respectando a configuración natural do terreo. A presenza desde afloramento pode levar a confundir nalgún punto a subida do terreo coa existencia dun parapeto que, polo menos nas zonas que puideron ser inspeccionadas, non parece claro. Na zona setentrional pódese identificar unha sondaxe de 1,80 m por 3 m que, segundo informante local (do mesmo xeito que outros buratos detectados), se debe a traballos de furtivos.<ref>[http://lalin.gal/files/Cabras.pdf Ficha arqueolóxica do castro de Cabras] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20191018092625/http://lalin.gal/files/Cabras.pdf |date=18 de outubro de 2019 }}.</ref>
 
A igrexa de San Pedro de Castro de Cabras é románica, conserva a portada, o arco triunfal e os capiteis, pero a fábrica primitiva foi totalmente reformada.
* [[Lugares de Lalín]]
=== Ligazóns externas ===
* [http://lalin.gal/concellerias/turismo/que-visitar/parroquias/castro Castro de Cabras na web do concello de Lalín] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20160425092515/http://lalin.gal/concellerias/turismo/que-visitar/parroquias/castro |date=25 de abril de 2016 }}
 
[[Categoría:Parroquias de Lalín]]
182.533

edicións