DMC DeLorean: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 25:
En outubro de [[1976]] completouse o primeiro prototipo do DeLorean, deseñado por William T. Collins,<ref name=deloreanmuseumhistory>[https://web.archive.org/web/20151006112343/http://www.deloreanmuseum.org/car.html The Car: History]. ''www.deloreanmuseum.org''. Consultado o 2 de xuño de 2020.</ref> [[enxeñeiro]] xefe e deseñador (que anteriormente era o enxeñeiro xefe de [[Pontiac]]). Orixinalmente, o motor traseiro do coche ía ser un [[motor Wankel]] de [[Citroën]], mais foi substituído por un deseño [[Francia|francés]] denominado ''[[Motor PRV|PRV]]'' ([[Peugeot]]-[[Renault]]-[[Volvo]]), un motor V6 de [[Inxección de combustíbel|inxección]] que melloraba a escasa eficiencia do motor Wankel, o cal era un aspecto importante pola escaseza de combustíbeis que estaba sufrindo o mundo enteiro por mor da [[crise do petróleo de 1973]]. William Collins e [[John DeLorean]] imaxinaron un [[chasis]] producido cunha tecnoloxía nova que nunca fora probada denominada ''Elastic Reservoir Moulding'' (ERM), que podería contribuír a reducir o peso do coche e por tanto suponse que tamén reduciría os custos de produción, mais esta tecnoloxía da que DeLorean mercara os dereitos da [[patente]] non resultou ser axeitada para a produción en masa.
 
A finais de 1980, DMC eliminou oficialmente o nome «DMC-12» pensado orixinalmente para o seu automóbil, denominándoo finalmente «DeLorean», que acabou custando [[DMC DeLorean#Prezo e equipamento|$ 25.000]], moito máis do planeado inicialmente. O coche deportivo DeLorean, como se describiu nos anuncios,<ref>Lamm, John (2003). ''DeLorean Stainless Steel Illusion'' (2nd ed.), pp. 94–95. Fort Jones, CA: Red Lion Press. ISBN 0-9744141-0-7.</ref> construíuse finalmente na fábrica de [[Dunmurry]], [[Irlanda do Norte]], a uns poucos quilómetros do centro de [[Belfast]]. A construción da fábrica empezou en outubro de [[1978]] e aínda que o comezo da produción do DeLorean foi planificado para [[1979]], cuestións de enxeñería e o exceso no presuposto atrasaron o comezo da produción até 1981. Durante esa época, a taxa de [[desemprego]] era moi alta en Irlanda do Norte e os residentes facían cola para pedir emprego na fábrica. A man de obra estaba composta por [[protestantes]] e [[católicos]] que estaban contentos de apartar as súas diferenzas relixiosas para traballar en equipo. Case todo o persoal de produción non tiña experiencia, por iso, varias centenas de unidades do DeLorean foron producidas sen paneis de aceiro inoxidábel para formar aos traballadores, as cales nunca foron comercializadas.<ref name=dmcnewsproductionnumbers /> Eses DeLorean eran coñecidos como "black cars“ (coches negros), un [[alcume]] que se refería aos seus paneis negros feitos de [[fibra de vidro]].<ref name=dmcnewsproductionnumbers /> Malia a formación dos traballadores, moitos coches tiñan problemas de calidade. Os problemas de calidade melloraron co paso do tempo; en 1982 resolvéronse moitos deles,<ref>John Lamm (2003). ''DeLorean Stainless Steel Illusion''. Red Lion Press. pp. 83–84. ISBN 0-9744141-0-7.</ref> e os coches vendéronse cunha [[garantía]] de 12 meses e un contrato de servizo de 5 anos e 80000 km.<ref name=deloreanmuseumhistory/>
 
A DeLorean Motor Company declarouse en [[Bancarrota|quebra]] o 26 de outubro de 1982<ref>{{cita web|url=https://www.nytimes.com/1982/10/26/business/delorean-motor-files-bankruptcy.html |título=DeLorean Motor Files Bankruptcy - The New York Times |páxina-web=Nytimes.com |data=26 de outubro de 1982 |dataacceso=21 de agosto de 2020}}</ref> tras o arresto de [[John DeLorean]] nese mesmo mes por cargos de tráfico de drogas.<ref>[https://canaltech.com.br/amp/entretenimento/conheca-a-curiosa-e-bizarra-historia-do-criador-do-iconico-delorean-51283/ Conheça a curiosa e bizarra história do criador do icônico DeLorean] (en portugués). ''Canaltech.com.br''. Consultado o 21 de agosto de 2020.</ref> Máis tarde descubriuse que DeLorean non era culpábel, pero a súa reputación ficou arruinada, facendo imposíbel continuar a produción do coche. Aproximadamente 100 unidades parcialmente ensambladas foron completadas por antigos empregados da fábrica, que foron contratados por unha empresa chamada Consolidated International (agora coñecida como Big Lots). As pezas que ficaron de serie na fábrica de DMC, as pezas do US Warranty Parts Center, así como as pezas dos provedores orixinais que aínda non foran repartidas á fábrica foron todas enviadas a [[Columbus]] ([[Ohio]], [[Estados Unidos]]) no ano 1983. A compañía KAPAC vendeu estas pezas aos clientes ao [[por menor]] e ao [[por maior]] mediante pedidos por correo. A DeLorean Motor Company de Texas adquiriu este inventario en 1997.<ref>{{Cita web |url= http://www.delorean.com/q%26a.asp#getparts |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20110709011733/http://www.delorean.com/q%26a.asp#getparts| dataarquivo=9 de xullo de 2011|título=Where did you get all those parts?| lingua=en| páxina-web=Delorean }}</ref>
Liña 34:
[[Ficheiro:1981 Delorean DMC-12 (33896730583).jpg|thumb|right|Un DeLorean pintado de cor vermella.]]
[[Ficheiro:Delorean dmc12 door open (version 2).jpg|thumb|right|Unha das barras usadas nas portas do DeLorean.]]
A carrozaría do DMC DeLorean foi deseñada polo deseñador de [[Italdesign Giugiaro|Italdesign]] [[Giorgetto Giugiaro]], e ten uns paneis construídos en [[aceiro inoxidábel]] SS304.<ref name="bodyfinishcomposition">{{cita web| nome=Knut| apelido=Grimsrud |url=http://www.dmcnews.com/faq/t_finish.htm |título=DeLorean FAQ - Body Finish and Composition |páxina-web=Dmcnews.com|idioma=inglés |data= |dataacceso=16 de setembro de 2020}}</ref> Agás tres coches para unha serie especial con carrozaría chapada en ouro, todos os exemplares que saíron da fábrica non estaban cubertos por pintura ou outros revestimentos.<ref name="bodyfinishcomposition"/>​ De feito existen DeLorean pintados, aínda que estes foron pintados despois de que fosen enviados aos Estados Unidos.
 
O DeLorean apareceu como un coche de gama alta, pero de eficaz mantemento: segundo parece, os pequenos arañazos nas superficies dos paneis de aceiro inoxidábel poden ser eliminados cun [[fregaduxo]] non metálico.<ref>{{cita web| nome=Knut| apelido=Grimsrud |url=http://www.dmcnews.com/faq/c_body.htm |título=DeLorean FAQ - Care & Feeding - Stainless Steel Body Maintenance |idioma=inglés |páxina-web=Dmcnews.com| dataacceso=16 de setembro de 2020}}</ref>