Sociedade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 20:
 
Ademais dos habitantes, a contorna e o proxecto societario, poden incorporarse outras categorías á definición de sociedade segundo a especialidade do proxecto ou do seu grao de desenvolvemento; isto será a [[tecnoloxía]] acadada nos [[medios de produción]], desde unha sociedade primitiva con simple tecnoloxía especializada de cazadores (moi poucos artefactos) ata unha sociedade moderna con complexa tecnoloxía (moitos artefactos) practicamente en todas as especialidades. Estes estados de civilización incluirán o [[estilo de vida]] e o seu nivel de [[calidade]] que, así mesmo, será sinxelo e de baixa calidade comparativa na [[sociedade primitiva]] e complexo ou sofisticado con calidade comparativamente alta na [[sociedade industrial]]. A ''calidade de vida comparativamente alta'' é [[controversia]]l pois ten aspectos subxectivos nos termos de como é percibida polos suxeitos.
 
A estrutura da sociedade cambia coa historia. Hai catro fases evolutivas: sociedades de cazadores-recolectores, onde se comparten tarefas específicas pero os roles poden cambiar rapidamente; sociedades tribais, onde o concepto de rango e posición aparece a partir da división do traballo; as estratificadas e a [[civilización]], que require un goberno complexo e abrangue un maior número de poboación.
 
=== Evolución das sociedades ===