Carballo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Caronium (conversa | contribucións)
superficie
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 262:
Este primeiro núcleo complementouse no século XVIII cun novo asentamento arredor da Casa de Baños. O redescubrimento en [[1716]] das famosas e saudables augas termais —das que se abastece hoxe o balneario de Baños Vellos— contribuíu en gran medida á creación do municipio. O propietario do terreo construíu unha casa hospital e unha capela dedicada á virxe da Estrela, que posteriormente daría nome á rúa na que se encontra o balneario. O actual centro urbano non existía, polo que as persoas que visitaban os baños tiñan que parar no actual barrio da Lagoa, que daquela era aldea máis próxima ao balneario<ref name="pouco"/>
[[Ficheiro:Antiga mina no Monte Neme.jpg|miniatura|Mina abandonada en monte Neme. O monte foi explotado na década de 1940 para a extracción de [[volframio]], empregado na fabricación de armamento durante a [[segunda guerra mundial]].]]
Carballo estableceuse como concello en [[1836]]<ref>{{Cita novas |url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2007/09/04/plaza-concello-recuerda-alcaldes-carballo/0003_6111790.htm |título=La plaza del Concello recuerda a los alcaldes de Carballo |nome=Laura |apelidos=Matabuena |xornal=[[La Voz de Galicia]] |data=4 de setembro de 2007 |dataacceso=4 de maio de 2021 |lingua=es}}</ref> e dende aquela quedou dividido nas actuais 18 parroquias. Xa en [[19201923]] o arquitecto [[Julio Galán Carvajal|Julio Galán]] construíu a que foi a Casa do Concello ata [[1974]], cando foi demolido. En [[19241925]] remataron as obras dunha nova igrexa, de estilo modernista, nas inmediacións da antiga praza do mercado, que sería demolida na mesma época que a antiga casa consistorial.<ref>{{Cita novas |url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2009/09/29/julio-galan-arquitecto-creo-edificio-ayuntamiento-destruido/0003_8001623.htm |título=Julio Galán fue el arquitecto que creó el edificio del Ayuntamiento ya destruido |xornal=[[La Voz de Galicia]] |data=29 de setembro de 2009 |dataacceso=4 de maio de 2021 |lingua=es}}</ref> Nos anos 20 e 30 do [[século XX]] asistiuse á modernización de Carballo, coa apertura de prazas, a creación de escolas ou a finalización do xardín. A década dos 40, co auxe da explotación de [[volframio]], supuxo o comezo dunha época de crecemento que acadou o seu máximo esplendor a partir dos anos 60 e 80. Neste último terzo do século pasado produciuse a grande expansión urbanística do municipio.
 
Unha parroquia con forte personalidade propia é a de [[Rebordelos, Carballo|Rebordelos]], pertencente á xurisdición de Caión durante toda a Idade Media e parte da Moderna e constitutiva de concello independente ata 1836. Existe unha mámoa na estrada que vai á praia da Pedra do Sal, un castro celta no lugar de Costenla, varias casas señoriais no de Vilar de Peres e a capela de San Xoán co seu cruceiro no de Leira. No igrexario de Rebordelos sábese da presenza do conde de Graxal e o convento de Santo Agostiño e da familia dos Rodríguez-Arixón. A igrexa de San Salvador sitúase no centro do lugar, cunha rúa que a circunda. O cruceiro está a uns 150 metros. A parroquia de Rebordelos está bañada polo océano Atlántico: marismas de Baldaio, Pedra do Sal, praias da Lapeira, Arnela e Leira, Porto Loureiro e Pedra Furada, testemuñas de innumerables naufraxios.