Hipopótamo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 4 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8
Sen resumo de edición
Liña 77:
Un estudo sobre o seu comportamento reprodutivo en [[Uganda]] amosou que o maior número de concepcións producíronse durante o final da tempada húmida no verán, e o maior número de nacementos ocorreu a principios da tempada húmida a finais do inverno. Isto é debido ao [[ciclo reprodutivo]] das femias; como na maioría dos grandes mamíferos, os [[espermatozoide]]s dos machos permanecen activos durante todo o ano. Outros estudos realizados en [[Zambia]] e [[Suráfrica]] tamén amosaron que os nacementos ocorren ao principio da tempada húmida. Despois do embarazo, polo xeral unha femia non volverá a [[Ovulación|ovular]] durante dezasete meses.<ref name="Endocrine"/>
 
O apareamento prodúcese na auga, coa femia mergullada durante a maior parte do encontro e emerxendo a súa cabeza periodicamente para tomar o [[Ar (atmosférico)|ar]]. Son un dos poucos mamíferos que dan a luz baixo a auga, coma os [[Cetacea|cetáceos]] e [[Sirenia|sirénidos]]. As crías nacen tamén baixo a auga, cun peso de entre 25 e 45&nbsp;kg e unha lonxitude media de 127&nbsp;cm, e debe nadar até a superficie para tomar o seu primeiro alento. Polo xeral paren unha única cría, aínda que se dan casos de dous. Os hipopótamos mozos a miúdo apóianse nas costas das súas nais cando a auga é demasiado profunda para eles. Nadan baixo a auga para aleitarse, aínda que tamén o fan en terra se a nai sae da auga. O [[destete]] prodúcese entre seis e oito meses despois do nacemento e a maior parte das crías son totalmente independentes cando acadan o ano de idade.
 
Como moitos outros grandes mamíferos, a estratexia reprodutiva dos hipopótamos cualifícase como [[selección K]], cunha única cría grande e ben desenvolvida cada varios anos, a diferenza dos mamíferos pequenos, coma os [[Rodentia|roedores]], que dan a luz varias crías pouco desenvoltas varias veces ao ano ([[selección r]]).<ref name="Endocrine"/><ref>{{Cita publicación | título = Infanticide in the hippopotamus: evidence for polygynous ungulates | autor = Lewison, R. | publicación = Ethology, Ecology & Evolution | volume = 10 | número = 3 | páxinas = 277–286 | ano = 1998 | url = http://www.fupress.net/index.php/eee/article/viewFile/805/751 |lingua=inglés}}</ref>
Liña 146:
Tamén foron populares personaxes de historietas, onde o seu aspecto corpulento se usa como efecto divertido. A película de [[The Walt Disney Company|Disney]] ''[[Fantasia (filme)|Fantasia]]'' presentou a unha bailarina hipopótamo que baila na ópera ''[[La Gioconda (ópera)|La Gioconda]]''. Outros personaxes de animación inclúen ao popular [[Peter Potamus]] dos estudios [[Hanna-Barbera]], Flavio e Marita en ''[[Animaniacs]]'', o dúo francés ''[[Pat e Stanley]]'', Tasha en ''[[The Backyardigans]]'' ou Gloria e Moto-Moto das películas de [[DreamWorks]] ''[[Madagascar (filme de 2005)|Madagascar]]'' e ''[[Madagascar: Escape 2 Africa]]''.
 
No deportexogo do [[xadrez]], existe unha [[Apertura de xadrez|apertura]] denominada [[defensa hipopótamo]], un pouco común aínda que sólido sistema de defensa.
 
== Notas ==