Isabel de Armenia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Retiro en uso
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
'''Isabel''' (en [[lingua armenia|armenio]]: Զապել, Zabel), nada o [[27 de xaneiro]] de [[1216]] ou o [[25 de xaneiro]] de [[1217]] e finada en [[Ked]] o [[23 de xaneiro]] de [[1252]], foi a [[rei|raíña]] reinante da [[reino armenio de Cilicia|Cilicia armenia]] dende 1219 ata a súa morte.
 
Foi proclamada raíña baixo a rexencia de [[Adán de Baghras]],<ref name='Runciman'>{{citalibrocita libro| last = Runciman | first = Steven | series= A History of the Crusades |volume=III |title=The Kingdom of Acre and the Later Crusades| isbn=9780521061636 |publisher=Cambridge University Press |year=1954}}</ref><ref name='Kurkjian'>{{cita web|url=https://penelope.uchicago.edu/Thayer/E/Gazetteer/Places/Asia/Armenia/_Texts/KURARM/27*.html|title=A History of Armenia|publisher=Bill Thayer|work=Website|date=2005-04-05|author=Vahan M. Kurkjian|access-date=2009-07-25}}</ref> mais este foi asasinado e [[Constantino de Baberon]] (da [[hethúmidas|familia hethúmida]]) foi nomeado gardián.<ref name='Kurkjian'/> Nesta conxuntura, [[Raymond-Roupen]], neto de [[Roupen III]] (o irmán máis vello do pai de Isabel, o rei [[León I de Armenia|León I]]) estableceu unha reclamación ao trono de [[Cilicia]]. Porén, foi derrotado, capturado e executado.<ref name='Kurkjian'/>
 
Constantino de Barbaron axiña foi convencido de buscar unha alianza co príncipe [[Bohemundo IV de Antioquía]],<ref name='Ghazarian'>{{cita libro| last = Ghazarian | first = Jacob G. | title = The Armenian Kingdom in Cilicia during the Crusades: The Integration of Cilician Armenians with the Latins (1080–1393)}}</ref> e concertou un matrimonio entre a nova princesa e [[Filipe de Antioquía|Filipe]],<ref name='Kurkjian'/> un fillo de Bohemundo IV.<ref name='Ghazarian'/> Filipe, con todo, ofendeu a sensibilidade dos armenios e mesmo despoxou o palacio real, enviando a coroa real a [[Antioquía]]; polo tanto, foi confinado nunha prisión de [[Sis]] (actualmente Kozan en Turquía), onde morreu, presuntamente envelenado.<ref name='Kurkjian'/>