Henrique I de Inglaterra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 25:
|escudo = Arms of William the Conqueror (1066-1087).svg
}}
'''Henrique I''' (en [[idioma inglés|inglés moderno]], {{lang|en|Henry I}}, nado [[c.]] [[1068]] e finado o [[1 de decembro]] de [[1135]]), chamado '''Henrique Beauclerc''' ("Bo Sabio" en [[idioma francés|francés]]) polos seus intereses culturais, foi [[rei de Inglaterra]] desde 1100 ata a súa morte. Fillo de [[Guillerme I de Inglaterra|Guillerme I o Conquistador]], recibiu educación por parte da [[Igrexa católica|Igrexa]]. Trala morte do seu pai en 1087, os seus irmáns maiores, [[Roberto II de Normandía|Roberto Curthose]] e [[Guillerme II de Inglaterra|Guillerme Rufo]], herdaron [[Ducado de Normandía|Normandía]] e [[Reino de Inglaterra|Inglaterra]], respectivamente, pero Henrique quedou sen posesións. Adquiriu o condado do [[Cotentin]] en Normandía occidental ao seu irmán Roberto, pero eles depuxéronlle en 1091. Reconstruíu gradualmente a súa base de poder no Cotentin e aliouse con Guillermo contra Roberto. Estivo presente cando GuillermoGuillerme morreu nun accidente de cacería en 1100 e apropiouse do trono inglés, coa promesa na súa coroación de corrixir moitas das políticas menos populares do seu irmán. Casou con [[Matilde de Escocia]], pero continuou tendo amantes con quen procreou varios fillos ilexítimos.
 
O seu irmán Roberto ameazou o control sobre Inglaterra cando liderou unha invasión en 1101, pero esta campaña militar terminou nun acordo negociado que confirmou como rei a Henrique. A paz durou pouco, xa que este invadiu o [[Ducado de Normandía]] en 1105 e 1106 e finalmente derrotou a Roberto na [[batalla de Tinchebray]]. Mantivo ao seu irmán en prisión polo resto da súa vida. O seu control sobre Normandía foi desafiado por [[Luís VI de Francia]], [[Balduino VII de Flandres]] e [[Fulco de Xerusalén|Fulco V de Anjou]], quen promoveu as reclamacións do fillo de Roberto -[[William Clito]]- e apoiou unha gran rebelión no ducado entre 1116 e 1119. Despois da vitoria inglesa na [[batalla de Brémule]], acordouse un acordo de paz con Luís VI en 1120.