María I de Inglaterra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 99:
 
=== Matrimonio con Filipe II de España ===
Aos 37 anos, a nova soberana volveu a súa atención a casarse e procrear un herdeiro, o que impediría que a súa media irmá a protestante Isabel -aínda próxima na liña de sucesión baixo os termos do testamento de Henrique VIII e a Lei de Sucesión de 1544- ascendese o trono.{{harvnp|Whitelock|2009|p=203}} O seu consello privado tamén a instou a casarse, non só para asegurar a sucesión, senón tamén porque aínda se cría que unha muller non podía gobernar soa.<ref name="Weikel2004">{{cita libro|idioma=en|apelidos=Weikel|nome=Ann|ano=2004|nome-editor1=HCG|apelido-editor1=Matthew|nome-editor2=B|apelido-editor2=Harrison|url=http://www.oxforddnb.com/view/article/18245|capítulo=Mary I (1516–1558)|título=Macquarie - Martin|volume=XXXVI|serie=Oxford Dictionary of National Biography|editorial=Oxford University Press|lugar=Oxford|doi=10.1093/ref:odnb/18245|isbn=978-0-198-61386-2|oclc=178927788}}</ref> Así mesmo, tamén existía a preocupación xustificada de que María obedecese ao seu consorte. Por esta razón, a cuestión de con quen se casaría foi de suma importancia para os conselleiros, xa que, segundo eles, o matrimonio cun estranxeiro introduciría a inxerencia estranxeira na política inglesa. Edward Courtenay e Reginald Pole foron mencionados como posibles pretendentes; con todo, a raíña inglesa non tivo interese neles, porque non quería relacionarse con ningún dos seus súbditos.{{harvnp|Whitelock|2009|p=203}} O seu primo Carlos I suxeriu que se casase co seu único fillo, o príncipe [[Filipe II de España|Filipe]].{{sfnm|Loades|1997|1pp=199-201|Porter|2007|2pp=265-267}} quen era herdeiro de vastos territorios na Europa continental e o [[Imperio español|Novo Mundo]] e ademais [[Carlos de Austria (príncipe de Asturias)|xa tiña un fillo]] do seu matrimonio con [[María Manuela de Portugal]], finada oito anos antes. Tamén, tanto a raíña inglesa como o príncipe español eran descendentes de [[Xoán de Gante]], [[Ducado de Lancaster|duque de Lancaster]].{{harvnp|Whitelock|2009|p=242}} Segundo o plan de Carlos I, por unha banda, os españois asegurarían a vía marítima aos Países Baixos e, doutra banda, tal matrimonio sería un contrapeso para a alianza da [[María I de Escocia|raíña escocesa]] co [[Francisco II de Francia|delfín de Francia]].{{harvnp|Whitelock|2009|p=203}} A raíña inglesa recibiu de bo grado a proposta, pero estaba preocupada porque tiña once anos máis que Filipe; ademais, deixou claro aos embaixadores españois que o seu futuro consorte non tería moita influencia política, xa que a nobreza inglesa non toleraría a interferencia estranxeira.{{harvnp|Whitelock|2009|p=205}} Como parte dos acordos matrimoniais, na segunda metade de 1553 María recibiu un retrato de Filipe de España por [[Tiziano]].{{harvnp|Porter|2007|p=310}}
 
[[Ficheiro:Philip II portrait by Titian.jpg|miniatura|esquerda|Retrato do príncipe [[Filipe II de España|Filipe de España]] por [[Tiziano]] (c. 1550).]]