María I de Inglaterra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 163:
 
== Morte ==
[[Ficheiro:Westminster abbey, its architecture, history and monuments (1914) (14774916761).jpg|miniatura|Tumba de María I e Isabel I na [[capela de Henrique VII|capela mariana]] da [[abadía de Westminster]]. Fotografía de 1914.]]
Nos seus últimos anos, María estaba física e mentalmente doente. Aínda que fora recoñecida pola súa beleza na súa mocidade, era descrita nos seus últimos anos como demacrada e aparentando maior do que era, segundo os seus contemporáneos, debido ás preocupacións.{{harvnp|Whitelock|2009|p=296}} Moitas veces sufría de estados de ánimo depresivos e a súa impopularidade irritábaa. O embaixador de Venecia, Giovanni Michieli, describiu o gran cambio que a raíña sufrira desde o comezo do seu reinado, cando gozaba de tanta simpatía entre a poboación, «como nunca se mostrou a ningún gobernante deste reino».{{harvnp|Whitelock|2009|p=297}} Logo da visita do seu marido en 1557, María pensou que estaba embarazada de novo e que o seu bebé ía nacer en marzo de 1558.{{sfnm|Porter|2007|1p=398|Waller|2006|2pp=106, 112|Whitelock|2009|3p=299}} Estableceu no seu testamento que o seu esposo sería o rexente durante a minoría do seu fillo. Con todo, dado que desde o principio houbo dúbidas sobre o embarazo, non se fixeron preparativos para o parto como no primeiro.{{harvnp|Whitelock|2009|pp=299-300}}
 
María sentíase débil e enferma desde maio de 1558; padecía de ataques de febre, insomnio, dores de cabeza e problemas de visión.{{sfnm|Loades|2014|1p=305|Whitelock|2009|2p=300}} En agosto, enfermou de gripe durante unha epidemia que azoutou a capital e foi trasladada ao [[palacio de St James]].{{harvnp|Whitelock|2009|p=301}} Sufrindo dor, posiblemente por [[quiste ovárico|quistes ováricos]] ou [[cancro uterino]],{{harvnp|Waller|2006|p=108}} dictou a súa última vontade, admitindo que non estaba embarazada e que o seu sucesor no trono debía cumprir os requisitos establecidos nas leis. Aínda era contraria en designar herdeira á súa media irmá, aínda que os españoi e o seu Parlamento persuadírona para evitar que María I Estuardo herdase o trono.{{harvnp|Whitelock|2009|p=301}} O 6 de novembro, María finalmente cedeu e nomeou oficialmente a Isabel a súa sucesora e herdeira do trono. Xusto antes da medianoite do 16 de novembro, recibiu a [[sacramento da unción dos enfermos|extremaunción]]. Morreu o [[17 de novembro]] de [[1558]], aos 42 anos, entre as cinco e as seis da mañá;{{harvnp|Whitelock|2009|p=302}} seis horas despois, Isabel -moi doída tras coñecer a noticia- foi proclamada raíña e, outras seis horas máis tarde, Reginald Pole tamén sucumbiu á epidemia de gripe.{{harvnp|Whitelock|2009|p=304}} O Parlamento tivo reaccións mixtas na sesión posterior ao falecemento, principalmente polos preparativos para a coroación da nova raíña.<ref>{{cita libro|idioma=en|apelidos=Erickson|nome=Carolly|ano=1978|título=Bloody Mary: the life of Mary Tudor|lugar=Garden City|editorial=Doubleday|isbn=0-385-11663-2|oclc=3205301|páxina=483|url=https://archive.org/details/bloodymary00eric/page/483}}</ref> En Bruxelas, Filipe escribiu á súa irmá [[Xoana de Austria|Xoana]]: «Sentín un lamento razoable pola súa morte».<ref>{{cita libro|idioma=en|capítulo=Brussels, Closed on 4 December [1558] (fn. 3): 502. Philip to the Princess Dowager of Portugal, Regent of Spain (Extracts)|url=http://www.british-history.ac.uk/cal-state-papers/spain/vol13/pp435-442|nome-editor=Royall|apelido-editor=Tyler|título=1554-1558|serie=Calendar of letters, despatches and state papers relating to the negotiations between England and Spain preserved in the Archives of Simancas and elsewhere|volume=XIII|lugar=Burlington|editorial=TannerRitchie|ano=2007|ano-orixinal=1954|isbn=978-1-441-60117-9|oclc=313823582|páxinas=435-442}}</ref>{{sfnm|Loades|1997|1p=311|Waller|2006|2p=109|Whitelock|2009|3p=303}}
 
[[Ficheiro:Westminster abbey, its architecture, history and monuments (1914) (14774916761).jpg|miniatura|Tumba de María I e Isabel I na [[capela de Henrique VII|capela mariana]] da [[abadía de Westminster]]. Fotografía de 1914.]]
O corpo de María foi, como era costume en Inglaterra, [[embalsamamento|embalsamado]] e exhibido durante tres semanas.{{harvnp|Whitelock|2009|p=304}} Aínda que no seu testamento declarou o seu desexo de ser enterrada á beira da súa nai, o 14 de decembro foi inhumada -tras unha opulenta procesión dirixida por [[Margaret Douglas]] e cerimonia pagada por Isabel I- na [[capela de Henrique VII|capela mariana de Henrique VII]] da [[abadía de Westminster]] nunha tumba que finalmente compartiu coa súa media irmá.{{sfnm|Porter|2007|1p=408|Whitelock|2009|2p=304}} A inscrición latina na súa tumba di {{versaleta|regno consortes et urna, hic obdormimus elizabetha et maria sorores, in spe resurrectionis}} -colocada polo sucesor da súa media irmá, [[Xacobe I de Inglaterra e VI de Escocia|Xacobe I]], que se traduce: «Compañeiras no trono e a tumba, aquí descansan, Isabel e María, irmás, na esperanza da resurrección» (''Consorts in realm and tomb, we, sisters Elizabeth and Mary, here lie down to sleep in hope of resurrection'').{{sfnm|Porter|2007|1p=410|Whitelock|2009|2p=1}}