Diferenzas entre revisións de «Fédération Internationale du Sport Automobile»

m
Reemplazos con Replacer: «frances»
m (→‎Ligazóns externas: +control autoridades using AWB)
m (Reemplazos con Replacer: «frances»)
 
 
== Historia ==
Este comité autónomo foi creado pola [[Federación Internacional do Automóbil|FIA]] en [[1922]] baixo o nome de '''Commission Sportive Internationale''' (CSI). Foille delegada pola [[Federación Internacional do Automóbil|FIA]] a organización de carreiras automobilísticas. En [[1978]], tras a elección do Francesfrancés [[Jean-Marie Balestre]] como presidente, a CSI cambiou o seu nome a '''FISA''', manténdomantendo o seu rol. Baixo o impulso de Balestre, a '''FISA''' comezou a tomar o control da [[Fórmula 1]], ameazada pola aparición ao final dos anos 1970 da [[Asociación de Construtores de Fórmula Un]] (FOCA), a asociación de construtores de F1 dirixida por [[Bernie Ecclestone]]. Esta loita de influencia, coñecida co nome de [[Guerra FISA-FOCA]], conduciu á redacción dos '''Acordos da Concordia''' en [[1981]], os cales selaron a repartición de poderes na Fórmula 1, conservando a '''FISA''' o control deportivo e regulamentario do campionato.
Tras a elección de [[Max Mosley]] como cabeza da '''FISA''' en [[1991]] e da FIA en [[1993]], ambas as institucións foron reformadas e a FISA foi absorbida pola [[Federación Internacional do Automóbil|FIA]], que desde entón está directamente encargada das carreiras automobilísticas deportivas.
 
49.071

edicións