Bráithreachas na Poblachta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios +cda
Sen resumo de edición
 
Liña 3:
 
== Historia==
Fundada en 1858 por [[James Stephens]], [[Thomas Clarke]], [[John O´leary]] e [[Charles Kickham]] para combater a dominación [[Gran Bretaña|británica]], tras a prohibición por parte destes do xornal republicano ''Irish People'' iniciou a loita armada na chamada [[Alzamento Feniano|Revolución Feniana]] (1867), que fracasaría. Tras pasar case 50 anos desenvolvendo unha escasa actividade, pasou a xogar un papel destacado no [[Alzamento de Pascua]] de [[1916]] e na [[Guerra de Independencia irlandesa|Guerra de Independencia Irlandesa]] acontecida entre [[1919]] e [[1921]]. O [[Tratado Angloirlandés|tratado de paz]] que puxo fin ao conflito supuxo a división en dous bandos da organización, entre os que o acataron, liderados por [[Michael Collins (político)|Michael Collins]] e os que o rexeitaron, baixo o mando de [[Ernie O'Malley]]. A derrota destes últimos culminou coa disolución da Irmandade polo seu último líder, [[Richard Mulcahy]], ao considerar que os obxectivos xa foran cumpridos.
 
== Véxase tamén==