Alzamento Feniano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 6:
Despois da supresión do xornal irlandés ''Irish People'' en 1866 o resentimento entre a resistencia irlandesa contra o invasor británico foi en aumento. En consecuencia, o líder da Irmandade [[James Stephens]] viaxou a [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] co obxecto de recadar fondos para un alzamento ao ano seguinte.
 
Porén, o alzamento careceu dunha organización axeitada. Iniciouse cunha rebelión en [[Condado de Kerry|Kerry]] no mes de febreiro, coa intención de ampliala a nivel nacional, incluíndo a toma de [[Dublín]] en marzo. Pero a insurrección non acabou de tomar forma e a maior parte dos seus líderes foron detidos a tempo polos ingleses. Aínda que moitos deles foron condenados a morte, as execucións non chegaron a producirse. Aos arrestos seguíronlle varias accións armadas dos fenianos en chan [[Inglaterra|inglés]] que consistiron no estourido dunha bomba en [[Londres]] e no ataque a un cárcere de [[Manchester]], onde tres rebeldes, coñecidos como os ''Mártires de Manchester'', foron executados. Unha serie de incursións no [[Canadá]] por simpatizantes residentes nos Estados Unidos, con escaso éxito, completaron o panorama da revolta.
 
== Véxase tamén==