María I de Inglaterra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 49:
 
== Primeiros anos ==
María foi a quinta filla nada do primeiro casamento de [[Henrique VIII de Inglaterra]] con [[Catarina de Aragón]] e a única en chegar á idade adulta. Naceu no [[palacio de Placentia]], sito no lugar de [[Greenwich]], e recibiu o [[bautismo]] poucos días despois do seu nacemento, tendo ao Cardeal [[Thomas Wolsey]] como padriño. Durante a súa nenez, María amosouse como unha rapaza precoz e fráxil, con mala [[visión]] e propensa a fortes [[xaqueca]]s. O seu pai concedeulle unha corte de seu no Castelo de Ludlow e varias prerrogativas normalmente atribuídas ao [[Príncipe de Gales]]. A educación de María ficou a cargo da súa nai e de Margarida, Condesa de Salisbury (filla de [[George, Duque de Clarence]]), unha das mulleres máis cultas do seu tempo. A princesa aprendeu [[latín]], [[Lingua castelá|castelán]], [[Lingua francesa|francés]], [[Lingua grega|grego]], [[ciencia]]s, [[teoloxía]] e [[música]]. Aos catro anos xa tocaba á [[arpa]]. A cuestión do seu casamento foi motivo de manobras e negociacións diplomáticas dende moi cedo. Entre os seus pretendentes, elixidos de acordo aos interese políticos do pai, atopábanse: Francisco, Duque da Bretaña e herdeiro de [[Francisco I de Francia]], o seu irmán máis novo e futuro [[Henrique II de Francia|Henrique II]], o propio Francisco I e o emperador [[Carlos I de España|Carlos V do Sacro Imperio Romano Xermánico]].
 
Entre tanto, o matrimonio dos seus pais atopábase en crise. Dende [[1527]] Henrique VIII tentaba anula-lo, co obxectivo de casar con [[Ana Bolena]], quen lle parecía máis apta para producir un fillo home. Tódalas tentativas para que [[Santa Sé|Roma]] o declarase nulo fallaron na súa contra. No inicio de [[1533]], [[Thomas Cranmer]], [[arquidiocese católica latina de Canterbury|arcebispo de Canterbury]], declarou o casamento con Catarina de Aragón inválido, tornando lexítimo o recente casamento con Ana Bolena. Para evitar un apelo de Catarina ao Papa, Inglaterra cortou as relacións co [[Vaticano]] e Henrique VIII foi declarado xefe da nova [[Igrexa de Inglaterra]]. Para María, estes eventos tiveron consecuencias drásticas. De princesa de Inglaterra e herdeira da coroa, pasou a ser considerada filla ilexítima con tan só o dereito de tratamento de ''Lady Mary''. Trala disolución da corte de Ludlow, María converteuse na dama de compañía da súa irmá acabada de nacer: [[Isabel I de Inglaterra|Isabel]]. Ademais foi afastada da súa nai, séndolle prohibida a súa visita, e en [[1536]], a asistencia ao seu funeral. Este tratamento foi interpretado como inxusto na [[Inglaterra]] e no resto da [[Europa]] da época, contribuíndo á crecente impopularidade de Ana Bolena.