Etanol (combustible): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
RubenWGA (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Bioetanol Galicia Teixeiro-Curtis A Coruña.jpg|miniatura|Planta de ''[[Bioetanol Galicia]]'' de bioetanol a partir de cereais en Teixeiro-Curtis.]]

O termo '''bioetanol''' refírese comunmente a un combustíbel líquido que contén [[etanol]] (alcohol etílico) producido a partir de [[biomasa]], ben sexa en parte mesturado con [[gasolina]] ou en forma pura. As mesturas máis estendidas de gasolina con etanol son as coñecidas coma E10 e E85, co 10% de etanol e a restante parte de gasolina no primeiro caso, e co 85% de etanol e a restante parte de gasolina no segundo. Todos os motores de automóbiles a gasolina poden tolerar mesturas con etanol de até o 10% sen modificación ningunha <ref>http://www.nrel.gov/docs/fy05osti/37135.pdf</ref>.
 
O bioetanol considérase unha fonte de [[enerxía renovable]], xa que é posible obtelo a partir de fontes que se asumen infinitas, coma cultivos e residuos de varios tipos.