Morsa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
m Reemplazos con Replacer: «por Estados Unidos»
Liña 154:
Cando os europeos chegaron aos mares árticos, a morsa vise por primeira vez en transo de desaparecer como especie. Foi obxecto de caza intensiva, sobre todo a causa do [[marfil]] dps seus caninos, cuxa calidade só é algo inferior á do que se obtén dos [[elefante]]s, e tamén a súa graxa subcutánea ou ''blubbel''. As morsas habitaban, como vimos, na costa leste de [[Norteamérica]], até [[Cabo Cod]], e no [[golfo de San Lourenzo]]. Nesta zona, nos [[século XVI|séculos XVI]] e [[século XVII|XVII]] matáronse anualmente varios milleiros de morsas. No [[século XIX]] non quedaba nin un só exemplar ao sur do [[península do Labrador|Labrador]]. En busca de colonias de morsas aínda non descubertas, os cazadores foron internándose en rexións máis e máis remotas. Pode dar unha idea das proporcións das matanzas o feito de que só entre [[1925]] e [[1931]] foran cazadas na [[illa de Baffin]], no Ártico canadense, ao redor de 175 000 morsas. A morsa do Atlántico estivo por este motivo ao bordo da extinción e, por causas que se descoñecen, a pesar das medidas de protección actuais, as súas poboacións seguen sen recuperarse: só subsisten hoxe 15 000 morsas do Atlántico, unha fracción mínima da poboación orixinal.
A morsa do Pacífico foi sometida a masacres parecidos, aínda que a súa caza iniciouse en data posterior. Porén, as súas poboacións recuperáronse significativamente grazas ás medidas proteccionistas introducidas porpolos Estados Unidos e Rusia, e hoxe conta de novo cuns 200 000 exemplares. Por ese motivo, a especie no seu conxunto non se encontra en perigo de extinción.
 
; Contaminación