Europa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia económica: República Popular da China
m Reemplazos con Replacer: «por Estados Unidos»
Liña 282:
Aínda que existiron en Europa desde a antigüidade grandes [[imperio]]s que eran potencias militares e as súas sociedades tiñan un grao de especialización e complexidade económica superiores a outras partes do planeta, nin durante a [[Idade Media]] nin durante a [[Idade Moderna]] a economía europea foi superior á doutras rexións de Asia. Durante a Idade Moderna, [[Historia de Asia|Asia]] aínda seguiu sendo o continente economicamente máis produtivo. Cara a 1500, [[Oriente Medio]], [[India]] e [[República Popular da China|China]] concentraban preto do 60&nbsp;% da produción mundial, e pouco antes de 1800 o 80&nbsp;%. Durante o século XVIII, os téxtiles da India exportábanse extensivamente a Francia e Inglaterra. E gran cantidade de produtos industriais chineses estaban presentes, tanto na América colonial desde o século XVII, como en Europa. Estímase que un 75&nbsp;% da [[prata]] extraída polos españois en América acabou na China a cambio da compra de produtos manufacturados na China.<ref name="Robert_1">Marks, Robert B. (2007): ''Los orígenes del mundo moderno'', ed. Crítica, ISBN 978-84-8432-930-5</ref><ref name="John_1">Hobson, John M. (2004): ''Los orígenes orientales de la civilización de occidente'', ed. Crítica, ISBN 84-8432-718-3</ref> A [[revolución industrial]] europea alterou este equilibrio, e mediante conquista militar gran parte de Asia e África pasaron a estar controladas por potencias europeas, durante a [[Expansión europea#As tres ondas|segunda e terceira ondas]] da [[expansión europea]].
 
Durante o século XX, Europa e algunhas das súas excolonias en América pasaron a ser as rexións máis produtivas e con maior renda per cápita no mundo. Aínda que nos anos 1920, Estados Unidos superaría xa aos países europeos máis desenvolvidos en renda per cápita. Aínda así, Europa seguiu sendo un dos principais polos económicos do mundo ata o século XXI, con niveis de renda só igualados porpolos Estados Unidos, Canadá, Australia, [[Nova Zelandia]], Xapón e Corea do Sur. Con todo, a nova realidade da [[Globalización|economía mundial]] consolidouse no transcurso das tres últimas décadas, marcada principalmente pola desintegración da [[Unión Soviética]] e o vertixinoso crecemento da [[República Popular da China]] e outras rexións de Asia.
 
Un dos factores máis notorios da dinámica económica europea desde 1970 foi a materialización da unidade económica de boa parte de Europa. Así, a dinámica económica do continente estivo supeditada ao funcionamento da [[Unión Europea]]. Na actualidade, vinte estados europeos comparten unha mesma moeda, o [[euro]] (€). Outra das particularidades da economía europea é o feito de que varios estados de pouca extensión territorial, sen maiores recursos naturais e sen posuír costas, contan con economías prósperas e cun elevado nivel de vida. Tal é o caso de [[Andorra]], [[Luxemburgo]], [[Suíza]] ou [[Liechtenstein]], así como [[Mónaco]], aínda que este último posúe costas no [[Mar Mediterráneo|Mediterráneo]].