Dólar Morgan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
m Reemplazos con Replacer: «Estados unidos»
Liña 128:
[[Ficheiro:Key_Pittman_in_1915.jpg|esquerda|miniatura|200px|O [[Senado dos Estados Unidos de América|senador]] Key Pittman, autor da Lei Pittman]]
 
O Goberno [[Alemaña|alemán]] empezou unha campaña de [[propaganda]] durante [[Primeira guerra mundial|primera guerra mundial]] para desacreditar nos territorios da [[India]] a moeda do Reino Unido, convencendo os cidadáns indios de que os [[Papel moeda|billetes]] británicos naqueles territorios non poderían cambiarse por prata. Isto deu lugar a unha carreira pola subministración británica de prata.<ref name=":10" /> En resposta, o senador demócrata dos Estados Unidos Key Pittman, de [[Nevada]], presentou en [[1918]] un proxecto de lei coa intención de aliviar financeiramente o [[Política do Reino Unido|Goberno británico]]. No proxecto, aprobado o [[22 de abril]], expúñase: "as vendas de prata baixo a autoridade desta lei poden realizarse co propósito de conservar as existencias de ouro existentes nos Estados Unidos, de proporcionar prata para moedas subsidiarias e uso comercial, e de asistir gobernos estranxeiros en guerra cos inimigos dos Estados Unidos". A lei Pittman autorizaba os EEUU para fundir ata 350 millóns dólares de prata, o que comezou inmediatamente despois da súa aprobación. Finalmente, os Estados unidosUnidos fundiron 270.232.722 dólares de prata. Desa cantidade, 259.121.554 vendéronselle ao Reino Unido co custo dun dólar por cada onza troy.<ref>Van Allen, L. C.; Mallis, A. G. (1991). Páxina 31.</ref>
 
Os EEUU só retomaron a cuñaxe de dólares Morgan en 1921, o único ano en que se produciron na ceca de Denver. O Tesouro xa destruía en [[1910]] os obsoletos cuños do dólar Morgan, que non se cuñaban desde 1904, polo que cumpriu elaboralos novamente desde o principio para esta tiraxe. Outra disposición da Lei Pittman autorizou os EEUU a cuñar unha moeda en substitución de cada dólar de prata que se fundise.<ref>Van Allen, L. C.; Mallis, A. G. (1991). Páxinas 32, 95.</ref>