Diferenzas entre revisións de «Iolao»

nota
(corrixo)
(nota)
 
{{cita|"''Pois na alta soleira presentouse un mozo, case meniño, coas meixelas cubertas por certo bozo, Iolao, co rostro rexuvenecido tal como nos seus anos mozos. Este don fóralle outorgado por Hebe, filla de Xuno, vencida polas súplicas do seu esposo ... Por mor do destino volveu Iolao a uns anos que xa vivira''".|(Ovidio: ''Metamorfosis'' IX, 397-401, 430-431)}}
 
Hixino narra as circunstancias da morte de Iolao. Xunto a Heracles, participou na [[Guerra de Troia]] <ref>Esta ''Fábula'' de Hixino é a única referencia á presenza de Heracles na Guerra de Troia. Homero, que na súa ''Ilíada'' constitúe a principal fonte literaria desta xesta épica, non o menciona.</ref>, pero existía un oráculo que auguraba a morte ó primeiro que desembarcara. Foi Iolao que o fixo, para estimular ós seus compañeiros, e caeu morto por unha frecha de [[Heitor]].
 
{{cita|"''Segundo o oráculo, o primeiro dos aqueos que puxera o pé nas costas troianas, perecería. Cando os aqueos atracaron as naves, visto que os demais titubeaban, Iolao, fillo de Íficlo e de Diomedea, foi o primeiro en saltar desde a súa nave e ó instante Heitor matouno. Todos o chamaron Protesilao, por morrer o primeiro''".|(Hixino: ''Fábulas'' 103, 1)}}
58.452

edicións