Diego González Rivas: Diferenzas entre revisións

Cirurxián torácico galego
Contido eliminado Contido engadido
Creación da páxina
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 29 de abril de 2021 ás 16:07

Diego González Rivas, nado na Coruña en 1974, é un cirurxián galego creador da técnica de cirurxía torácica videoasistida mínimamente invasiva que opera con unha única incisión.[1]

Infotaula de personaDiego González Rivas
Biografía
Nacemento1974 Editar o valor em Wikidata (49/50 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCirurxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmédico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Fillo dunha enfermeira,[2] licenciouse en Medicina e Cirurxía na Universidade de Santiago e formouse en Cirurxía Torácica e Trasplante de Pulmón no Hospital Universitario da Coruña, no que traballa. Tamén é cirurxián no Hospital Quirón San Rafael (Unidade de Cirurxía Torácica minimamente invasiva) e no centro médico HM Modelo. É ademais o creador e actual director do programa de adestramento videotorascópico no Shanghai Pulmonary Hospital na China.

Aprendeu a técnica no Cedars Sinai de los Angeles co Dr. Rob Mckenna. Despois foi ao centro médico de Duke de Carolina do norte para aprender la técnica de dobre porto co Dr. Thomas Damico e finalmente revolucionou a técnica desenvolvendo a cirurxía pulmonar con unha única incisión.

Desde 2018 traballa no sistema robótico uniportal subxifoideo (Sistema robótico Da Vinci) realizando as primeiras lobectomías e timectomías do mundo nos Estados Unidos de América.

Foi coordinador do comité de congresos da Sociedade Española de Cirurxía Torácica, colabora coa Sociedade Europea e a Sociedade Internacional de Cirurxía Cardiotorácica Minimamente Invasiva. É membro de varias sociedades científicas e colabora coa American Association of Thoracic Sergery e ten publicacións en revistas especializadas.[3]

Está considerado o cirurxián que ten operado en máis países (110) e cidades do mundo.

Foi finalista no premio Princesa de Asturias en 2018[4] e de 2014 a 2018 foi Premio Top Doctors.[5] o Goberno chinés concedeulle o Premio Nacional de Ciencias e Tecnoloxía na categoría de Innovación e Técnicas Punteiras, o primeiro estranxeiro en recibilo.[6]

O libro Imposible es nada de Elena Pita recolle o traballo deste prestisioxo médico na súa loita contra o cancro e a dor.[7]

A Fundación María José Jove estreou en abril de 2021 o documental Operation beyond the borders que narra a viaxe a Gaza para operar durante a pandemia do coronavirus COVID-19 e formar médicos in situo na técnica Uniportal Vats.[8][9]

Notas

  1. "El cirujano gallego que ha conquistado el mundo: “He operado en más de 100 países”". La Vanguardia (en castelán). 2019-03-08. Consultado o 2021-04-29. 
  2. Jabois, Manuel (2017-07-20). "“Parecía ciencia ficción”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-04-29. 
  3. "Cirujano español creador de la técnica Uniportal VATS". www.diegogonzalezrivas.com (en castelán). Consultado o 2021-04-29. 
  4. "«Mi técnica está cambiando el mundo y lo que hago es enseñar, compartirla»". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-03-04. Consultado o 2021-04-29. 
  5. "Dr. Diego González Rivas: cirujano torácico en A Coruña". Top Doctors (en castelán). Consultado o 2021-04-29. 
  6. huerta, maría de la (2019-01-18). "El gallego Diego González Rivas recibe el máximo premio de la Medicina china". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-04-29. 
  7. Pita, Elena (2017). Imposible es nada. La Esfera. p. 268. ISBN 978-8490609163. 
  8. Portabales, Pablo (2021-04-28). "Diego en Gaza". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-04-29. 
  9. "Estrea do documental 'Operation beyond the borders' do cirurxián galego Diego González Rivas CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2021-04-29. 

Véxase tamén

Ligazóns externas