Diferenzas entre revisións de «Skogsrået»

(→‎Composición: erros menores)
== Historia das interpretacións ==
[[Ficheiro:Nymfen heyerdahl.jpg|miniatura|''Nymfen'', obra do pintor [[Noruega|noruegués]] [[Hans Heyerdahl]], ca. 1890.]]
O poema sinfónico estreouse o 17 de abril de 1895 no Gran Salón da [[Universidade de Helsinqui]], co propio Sibelius dirixindo a [[Helsingin kaupunginorkesteri]]; o programa tamén incluíu o poema sinfónico ''[[Vårsång]]'' (''Canción da primavera'') e seleccións da ''[[Suite Carelia]]''. Dous días despois repetiuse a interpretación. A pesar da súa acollida positiva, ''Skogsrået'' tan só foi interpretada outras cinco veces en vida de Sibelius: dúas en [[Turku]] o 29 e o 30 de novembro de 1897; dúas en Helsinqui na estrea da súa ''[[Sinfonía núm. 1 (Sibelius)|Primeira Sinfonía]]'' o 26 e o 30 de abril de 1899 (un acontecemento de gran importancia na carreira de Sibelius, e un sinal de que o compositor vía ‘’Skogsrået’’ como un contrapunto digno para a sínfonía{{sfn|Wicklund|2015|p=vii}}); e, logo dunha paréntese de 37 anos, unha vez máis en Helsinqui o 27 de outubro de 1936.{{efn|O melodrama foi representado en [[Tampere]] en 1898 e en [[Joensuu]] en 1911.{{sfn|Kurki|1999}}}} Sibelius, que aos seus setenta anos retirárase a [[Ainola]], non estivo presente nesta última interpretación, aínda que pareteparece ter seleccionado personalmente ''Skogsrået'' para o programa;{{sfn|Anderson|1996|pp=51–52}} [[Georg Schnéevoigt]], que reduciu a partitura amplamente para adaptar o tempo da interpretación ao asignado á súa retransmisión radiofónica, dirixiu a [[Helsingin kaupunginorkesteri]], co Presidente [[Pehr Evind Svinhufvud]], o Primeiro Ministro [[Kyösti Kallio]], e o [[Mariscal de campo|Mariscal]] [[Carl Gustaf Emil Mannerheim]] entre o público.{{sfn|Kurki|1999}}
 
Despois de 1936, ''Skogsrået'' desapareceu do repertorio de novo. Ao longo again disappeared from the repertoire. Ao longo da súa carriercarreira, Sibelius tivo problemas con 'bloqueos' creativos e episodios de depresión. Isto levouno a tirar ao lume as partituras cando se sentiu incapaz de revisalas ao nivel que el mesmo esixía. Este foi o destino máis notorio da súa ''[[Sinfonía núm. 8 (Sibelius)|Oitava Sinfonía]]'', mais tamén o de moitas obras das décadas de 1880 e 1890.{{sfn|Barnett|2007|p=345}}{{sfn|Howell|2006|32}} Con todo, non destruiu ''Skogsrået''. A balada permanecía abandonada entre as máis de 10 000 páxinas de papeis e partituras que a familia do compositor depositara en 1982 no arquivo da Biblioteca da Universidade de Helsinqui.{{sfn|Murtomäki|2001|p=95}} A obra foi 'redescuberta' polo experto en manuscritos Kari Kilpeläinen; o seu posterior recoñecemento por parte de Fabian Dahlström "colleu a Finlandia, e ao mundo da música, por sorpresa": o poema sinfónico, de 22 minutos de duración e escrito para orquestarorquesta completa, foi moito máis que o melodrama "refundido sen o orador" que moitos no establecimiento de Sibelius lle outorgaran.{{sfn|Anderson|1996|pp=51–52}} ''Skogsrået'' tivo a súa 'estrea mundial' moderna o 9 de febreiro de 1996 pola [[Sinfonia Lahti]], baixo a batuta de [[Osmo Vänskä]]. Vänskä recibiu permiso da familia de Sibelius para interpretar a obra.{{sfn|Tumelty|1996|p=13}} Por necesidade, Vänskä complementou o manuscrito cheo de edicións e, polo tanto, "moi difícil de ler" de forma illada, con notas da interpretación de 1936.{{sfn|Grimley|2004|p=240}} En 2006, [[Breitkopf & Härtel]] publicou a primeira edición de ''Skogsrået''.{{sfn|Wicklund|2015|p=viii}}
 
== Orquestración ==
1.371

edicións