Marga Martín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Introduciendo ficha
Ogaiago (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
Marga Martín foi elixida concelleira polo [[PSdeG]] nas [[eleccións municipais 2003 en Galicia|eleccións municipais de 2003]], que viviron o triunfo do [[Partido Popular]]. Nos [[eleccións municipais 2007 en Galicia|comicios de 2007]] repetiu na lista e resultou elixida concelleira. No goberno encabezado polo socialista [[Francisco Rodríguez Fernández]] encargouse da carteira de Servizos Sociais, competencia que mantivo con posterioridade ás [[eleccións municipais 2011 en Galicia|municipais de 2011]], onde figurou como número 2.
 
En setembro de 2012 o alcalde ourensán dimitiu como consecuencia da [[Operación Pokémon]], e ela ocupou de forma interina a alcaldía. Era a primeira vez que unha muller ocupaba a alcaldía da cidade de Ourense na súa historia, se ben a concelleira do [[BNG]] Isabel Pérez substituíra como tenente de alcalde a Rodríguez en numerosas ocasións. Como alcaldesa en funcións asumiu tamén as competencias sobre Cultura, Turismo, Parques, Xardíns, Deportes, Mocidade e Vivenda, que recaían no [[BNG]], e que foron reasumidas polo [[PSdeG]] logo de que os nacionalistas saísen do goberno municipal. aosAos quince días foi substituída polo novo alcalde escollido no pleno, [[Agustín Fernández Gallego]].
 
{{Start box}}