Estripeiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
 
Liña 31:
Poden ser [[arbusto]]s ou pequenos [[árbore]]s de 5–14 m de altura, cunha densa coroa. A [[cortiza (árbore)|casca]] é grosa e parda con gretas verticais laranxa. Os talos máis novos teñen espiñas romas, de 1 a 1,5 cm de longo. [[Folla]]s de 2–4 cm de longo, obovadas e profundamente lobuladas, ás veces case até o centro, cos lóbulos abertos nun amplo ángulo. A face superior é verde negrexo e pálido na cara anversa.
 
[[Ficheiro:Common(MHNT) hawthornCrataegus monogyna - flowers and buds.jpg|miniatura|220px|Flores do estripeiro.]]
 
As flores emíteas a fins de primavera (maio a xuño na súa área nativa) en [[corimbo]]s de 5-25 xuntas; cada flor de preto de 1 cm de diámetro, con cinco pétalos brancos, numerosos estames vermellos, e un singular estilo; son moderadamente fragrantes. Tarde na estación dá numerosas froitas pequenas, ovais, vermello escuras de preto de 1 cm de lonxitude, tipo [[cereixa]], pero estruturalmente un [[pomo (froito)|pomo]] contendo unha soa [[semente]]. As froitas son importantes para a [[vida silvestre]] no inverno, particularmente [[aves]] que as comen e dispérsanas nas súas deposicións.