Paporroibo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Engade 2 libros para verificar (20210112)) #IABot (v2.0.7) (GreenC bot
Ercé (conversa | contribucións)
Liña 83:
[[Ficheiro:Young-robin-lg-wikipedia.jpg|miniatura|esquerda|Pito de paporroibo.]]
[[Ficheiro:Robin eggs.jpg|miniatura|dereita|Niñada de paporroibo.]]
[[File:Cuculus canorus canorus MHNT.ZOO.2010.11.150.1.jpg|thumb| ''Cuculus canorus'' + ''Erithacus rubecula'']]
Os paporroibos poden escoller unha gran variedade de lugares para construír os seus niños. De feito, calquera cousa que poida ofrecer algún acubillo, como unha fenda ou un burato poden ser axeitados. Ademais das fendeduras habituais, ou bancos protexidos, tamén poden servirlles obxectos habituais como pezas de maquinaria, grellas, guiadores de bicicleta, vasoiras voltas cara a arriba, regadeiras, testos e até sombreiros. O niño componse de carriza, follas e herba fina, xunto con pelos e plumas para forralo. Na tempada de reprodución poñen niñadas de 5 a 6 ovos, comezando esta tempada en marzo en Gran Bretaña e Irlanda. Os ovos son de cor crema, marrón ou branca moteados ou manchados cunha cor marrón avermellada, a miúdo máis densamente no extremo máis grande.<ref name=Observerbirdseggs>{{Cita libro|título=The Observer's Book of Birds' Eggs|autor=Evans, G.|páxinas=85|ano=1972|editorial=Warne|localización=Londres|isbn=0-7232-0060-2}}</ref> Cando os exemplares xuvenís abandonan o niño teñen manchas marróns por todo o corpo. Despois de dous ou tres meses fóra do niño, ás aves médranlles algunhas plumas laranxas debaixo no papo e durante un período semellante, esta mancha de cor esténdese gradualmente para completar a aparencia adulta.