Mileva Marić: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 25:
Naceu en [[Titel]], [[Voivodina]], pertencente naquel momento ao [[Imperio austrohúngaro]] (hoxe en [[Serbia]]), sendo a primeira filla do matrimonio de Milos Marić (1846-1922) e de Marija Ruzić-Marić (1847-1935)<ref>{{Cita Harvard|Popovic|2003|p=XV|sp=si}}</ref>. Pertencente a unha acomodada familia serbia, o seu pai rematou a súa carreira militar pouco despois do seu nacemento, conseguindo un traballo na capital do [[Sirmia|Condado de Sirmia]], [[Ruma]], onde viviu a familia entre [[1877]] e [[1892]]<ref>{{Cita novas |título=Šta će biti s kućom Mileve Ajnštajn? (Cal será a casa de Mileva Maric?) |url=http://www.b92.net/zivot/vesti.php?yyyy=2013&mm=06&dd=10&nav_id=721683 |xornal=B92 |lugar=[[Belgrado]] |data=10-6-2013 |dataacceso=18-5-2017 |lingua=sr}}</ref>. Máis tarde, trasladáronse a [[Zagreb]]. A familia tivo outros dous fillos: Zorka (1883-1938) e Miloš (1885-?).
 
Foi discípula de [[Nikola Tesla]] e no [[1896]] foi a primeiraquinta muller que entrou no Instituto Federal Politécnico de [[Zúric]].<ref name=":0">{{Cita web|título=Mileva Maric, la sombra de Einstein|url=http://personasconhistoria.blogspot.com/2011/12/mileva-maric-la-sombra-de-einstein.html|data-acceso=2021-04-27}}</ref> Alí coñeceu a Einstein, con quen casou en [[1903]].<ref name=":1">{{Cita web|título=Filosofía, ciencia y género : Mileva Maric. A la sombra del genio|url=http://inmaculadaperdomo.blogspot.com/2013/11/mileva-maric-la-sombra-del-genio.html|páxina-web=Filosofía, ciencia y género|data=2013-11-10|data-acceso=2021-04-27|nome=Inma|apelidos=Perdomo}}</ref>
 
Tras o casamento, Mileva sacrificou a súa profesión, axudando a Einstein nun período crucial dos descubrimentos científicos daquel. Tiveron unha filla, Lieserl, nada antes da voda, e dous fillos, Hans Albert, profesor de [[enxeñería hidráulica]] en [[Universidade de California, Berkeley|Berkeley]] e outro, perturbado, do que coidou ata a morte.
 
No inverno entre [[1897]] e [[1898]], en [[Heidelberg]] ([[Alemaña]]), Mileva quedou cativada polo estudo sobre a relación entre a velocidade dunha molécula e a distancia atravesada entre [[colisión]]s, escribindo sobre as súas ideas a Einstein. O tema é un elemento relevante no estudo einsteniano sobre o [[movemento browniano]], polo que recibiría o [[Premio Nobel de Física|Nobel]]. Einstein admiraba a independencia intelectual e ambicións de Mileva, da que dixo ser “unha criatura igual a min e tan independente coma min”. A participación que corresponde a Mileva no traballo que se lle asigna a Einstein é fortemente discutida con diversa documentación, onde ás veces Einstein fala de “os nosos traballos" e “a nosa teoría".<ref name=":1" />
 
A vida de Einstein e a de Mileva, como home e muller, e como científicos, foi desigual: Einstein deixou a Mileva por outra muller e ela pasou o resto da súa vida coidando do seu fillo.<ref name=":0" />
 
== Notas ==