Marcelino de la Parra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m datiño
Xas (conversa | contribucións)
m completo info
Liña 5:
Ferraxeiro de profesión<ref name="S Serrano">[http://bibliotecas.unileon.es/filosofia-y-letras/2013/04/22/las-huellas-del-anarquismo-leones/ Las huellas del anarquismo leonés]</ref>, afiliouse sendo novo á [[Confederación Nacional do Traballo|CNT]].<ref name="T Solá"/> Logo da [[sublevación do 18 de xullo de 1936]] uniuse aos seu camaradas na Fronte Norte de [[Asturias]]. Fíxose amigo do xornaleiro [[UGT|ugetista]] [[Manuel Girón Bazán]]. Logo da derrota republicana e caída da Fronte Norte en outubro de 1937, fuxiu con Girón e outros desde Asturias a [[comarca de Cabreira]] en [[Provincia de León|León]]. Inicialmente situáronse en [[Corporales, León]], pasando despois a asentarse en [[Pombriego]], facendo vida normal na vila, arroupados pola maioría dos veciños.
 
O 14 de xaneiro de 1938 deron un golpe en [[La Baña, León|La Baña]] e despois deron varios golpes en [[El Puente, Zamora|Mercado del Puente]] e [[Galende]] con varios mortos<ref name="CJ Dominguez"/>. En setembro de 1942 atracaron o autobús da liña [[Truchas, León|Truchas]]-[[La Bañeza]] en [[Morla de la Valdería|Morla]]. O autobús foi detido por doce guerrilleiros, pero ignoraban a presenza no vehículo dunha parella da [[Garda Civil]], e o asalto acabou en tiroteo con cinco ocupantes do autobús mortos -entre eles os dous gardas civís- e cinco feridos<ref name="T Solá"/>. En xuño de 1945 prodúcese a caída de [[Columbrianos]] na que foiforon abatidoabatidos [[Manuel Moreno Casado]], [[Robustiano Arias Carujo]] e [[Miguel Cuellas Gómez]], que supuxo o desmantelamento dunha rede de enlaces, apoios e informadores civís que sustentaban a súa loita militar.<ref name="CJ Dominguez"/>
 
En abril de 1942 reuníronse nos montes de [[Ferradillo]], próximos a [[Ponferrada]] guerrilleiros leoneses, asturianos e galegos, que representaban todas as tendencias do antifranquismo, para crear a [[Federación de Guerrillas de León-Galicia]]. O Comité Director estaba presidido por [[Marcelino Fernández Villanueva]], xefe de Estado Maior e máximo dirixente, e como asesores foron nomeados Marcelino de la Parra, [[Mario Morán García]] e [[César Ríos Rodríguez]]. Comenzan a editar ''[[El Guerrillero]]'', no que Parra asina co pseudónimo "El emboscado". Parra mantense na executiva da Federación en todos os congresos que se suceden. O VI Congreso, en xaneiro de 1946, chamado Congreso da Escisión, rompeu a unidade a causa do maior peso que impuxo o [[Partido Comunista de España]] (PCE), que avogaba por integrar a Federación na [[Unión Nacional Española (1942)|Unión Nacional Española]] (con maioría do PCE), o que non convenceu á maioría e produciu a quebra. Os non comunistas celebraron outro congreso poucos días despois, con César Ríos e Parra á fronte, que volven ser elixidos axudantes de Marcelino Fernández. En xullo de 1946 inténtase a reunificación no VII Congreso en Casaio. Cando lograron poñerse de acordo en que Marcelino Fernández, [[Francisco Elvira Cuadrado|Elvira Cuadrado]] e Parra quedaran á fronte nunha única organización, dous ataques sorpresa consecutivos da Garda Civil acabaron coa vida de moitos deles (entre outros o líder comunista Elvira Cuadrado) e a dispersión do resto dos asistentes. O Congreso da Reunificación significou a fin da unidade antifranquista e o principio da fin da Federación Guerrilleira de León-Galicia.<ref name="CJ Dominguez"/>